>> Aquí comenta como ocurrencia é un falso amigo
>> http://es.wikipedia.org/wiki/Anexo:Falsos_amigos
>
> Non é un falso amigo no ámbito especializado. Polo contrario é un
> termo moi específico.

Eu evitaría como a peste traducir "occurrence" como ocurrencia, do
mesmo xeito que evitaría "event"->"evento" e si "acontecemento" ou
"suceso".
Pero co agravante de que ocurrencia, a maiores, non significa ren
(dento do ambito especializado, que fora del si)

>>
>> No open-tran polo que vexo aparece traducida ademais de como ocorrencia
>> (falso amigo?) como "aparicións" esta ultima penso que tamén podería valer
>> aínda que penso que acaería mellor, falando de bases de datos o termo
>> "rexistros" que amais está recollido polo DRAG con este mesmo significado,
>> específico para informática.

E ademais de aparición, como repetición (xeralmente de citas).

> rexistro = campo, campo, campo, chave
> campo = palabra, dato, opción, frase (palabra, palabra, palabra), dato,...
> (coincidencia = relación entre a busca e o rexistro)
> ocorrencia = palabra ou dato dun campo contido nun rexistro, no que se
> concreta unha coincidencia de busca


No caso concreto da dúbida, habería que ver como aparecen ordenados os
rexistros, porque pode acaérselle mellor "frecuencia" ou "caso"
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a