Ola.

Perdoade que tardara en contestar, pero é que levaba uns días sen
recibir correos e por casualidade mirei no spam e ahí estaban un
montón de correos. Se vedes que tedes poucos correos de Trasno na
bandexa de entrada e usades gmail, revisade o cartafol do spam. Non é
a primeira vez que me pasa.

Lembrei que xa traducira ese termo nalgún lado, e ahí estaba no
VirtualBox. Non sei como cheguei a tradución que aparece alí, pero ou
falei con alguén de Trasno ou falei con alguén que controla sobre
virtualización. No caso do VirtualBox, appliance traduciuse como
servizo virtualizado.

Exporting Appliance...
Exportando servizo virtualizado

Appliance Export Wizard
Asistente de exportación de servizo virtualizado

Quizais non estea ben, xa fai tempo que se fixo esa tradución, pero no
seu momento traduciuse así, e xa fará un par de anos.

Saúdos.

2012/7/5 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> Paréceme escasamente preciso deixalo só como "aplicativo" porque se
> trata dunha versión especial de software-hardware.
> Propoño "aplicativo empaquetado" ou preempaquetado
>
>
> 2011/11/26 Lucía Paz <lutxinha2...@yahoo.es>:
>> Eu coñezo appliance como dispositivo/aparello/equipo ou como aplicativo.
>> Neste dicionario (http://www.merriam-webster.com/dictionary/appliance)
>> suxiren varios sinónimos: gadget, contraption, contrivance, gimmick, gizmo
>> (also gismo), jigger, widget
>>
>> Se é algo que se pode descargar, entón eu diría "aplicativo"
>>
>> Lucía
>>
>>
>> En 26/11/2011 12:49, Manuel Vázquez escribiu:
>>
>> Ola:
>> Hoxe atopeime co termo appliance:
>> "Download appliance from %s"
>> "No appliance data for %s"
>> "No appliances found in project %s"
>> Pertence a openSUSE.
>> Estiven consultando e en castelán empregan aplicación, en pt-br
>> appliance. En portugués atopei o significado de ferramenta. No Glósima
>> só aparece unha referencia en acrónios Bouzada, ACL (Appliance
>> Computer Language) (en), Linguaxe de Utilización en Computadores (gl)
>> Algunha suxestión?
>> Graciñas.
>> Manuel A. Vázquez
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a