2012/7/10 Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com>:
> Ola.
>
> Se me confirmades a hora de traballo, a que vexades, porque non sei cal 
> coller:
>
> ( a 20,8 € /hora cun límite de 4 horas/dia produtivas = 80 €/día por
> tradutor = 10 €/hora laboral)

O meu cálculo buscado é de hora laboral, non de hora de tradución
simple. A iso hai que introducir outros valores como seguimento,
dispoñibilidade, correccións, probas, coordinación, formación,
infraestrutura, etc. É dicir cando digo que o volume que temos é de
24.000 horas non estou metendo nada diso .


Para 1 hora = 50 cadeas únicas = 250 palabras.
Para 1 día = 200 cadeas únicas = 1100 palabras

Contando con ese 10% de cadeas repetidas, daría para 220 cadeas e 1232
palabras → * 0.10 = 123 €
Contando que a hora media sexa a 10 € → 80 €. Esa sería a diferenza
entre unha contratación externa e un traballador asalariado pagado
igualmente.

A alguén lle parece mal calculada a hora de traballo a 10 €?

Sería o traballo normal dun único tradutor-revisor no que irian
incluídos todos os conceptos a prezo de mercado onde hai moitos custos
e o beneficio correspondente (idealmente daria entre 2700 - 2400 € ao
mes).

Xa digo, teoricamente a prezos de mercado.


>
> e se tamén me indicades un prezo por palabra, o que sexa, inclúe unha
> media xa que hai palabras repetidas, outras que hai que modificar,
> outras que son iguais, etc, ...

O prezo por palabra é o sistema habitual de cálculo de honorarios para
localización. Tómase como referencia o número de palabras de orixe (xa
que son fixas). Un prezo medio serían 0,10 € /palabra

Podedes vós facer o cálculo aquí: http://www.translated.net/en/

Para 1000 palabras
English ( USA )         Galician                0.097           97.00 €

Pero ollo, é prezo de tradución pura e directa, sen revisión de pares
e sen máis.


>
> Eu tento darvos os datos do que custa máis ou menos cada nova versión
> dos produtos de Mozilla, xa que vou anotando as horas de traballo
> adicadas ao proxecto e contabilizando as cadeas e palabras novas,
> modificadas e eliminadas en cada versión.
>
> Con que datos o calculo, e vemos o que nos custa.
>
> Saúdos.
>
> 2012/7/10 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
>> En conclusión ... sendo bos e xenerosos :-), falamos dunha valoración de
>> 240.000€ e falando como eu mellor me entendo 40 millóns de pesetas :)
>>
>> sigamos, 240.000/12 (anos) = 20.000€/ano → 3.3333 millóns de pesetas/ano
>>

Non, non, xusto o dobre desa cantidade.
Se temos 6 millóns de palabras (só contando as únicas) traducidas e
cada palabra vai a 0.10 €,entón temos 600.000 €
Para calcular as horas, aí está o quid, canto se traduce por hora de media?
Eu calculo 50 cadeas únicas por hora de media na xornada, 55 reais,
con 300 palabras en total por hora.




>>
>> 2012/7/10 Antón Méixome <cert...@certima.net>
>>>
>>> Cantas cadeas traducides por hora?
>>>
>>> Gustaríame facer un cálculo básico de horas de traballo sobre as
>>> traducións.
>>> Entendo que o mínimo é que cando un traduce, polo menos fai un repaso
>>> antes de dalo por rematado, polo que o tempo de tradución tamén debe
>>> recoller esa estimación.
>>>
>>> Por exemplo, ao traducir poñamos 500 cadeas, dedica, digamos 6 horas
>>> na primeira tradución + 1 hora de revisión = 7 horas = 71 c/h
>>>
>>> Supoñamos agora que nunha memoria de tradución, das 500 cadeas, un 10%
>>> son repetidas. Serían 450 cadeas únicas. Supoñerían 64 cadeas / hora o
>>> rendemento intensivo dun tradutor. Habería que considerar ademais que
>>> a tradución necesita un período de preparación de ficheiros e
>>> ferramentas, consultas, comunicacións, documentación, descansos. E
>>> tendo en conta unha dificultade media da tradución porque xa sabemos
>>> que hai traducións que son coma montañas. Eu calculo que un 30% do
>>> tempo se vai nestas tarefas (2 horas), é tempo que se debe sumar.
>>>
>>> Así que un proxecto de 500 cadeas (2800 palabras, cun promedio de 5.6
>>> palabras / cadea)
>>>
>>> Supón 9 horas de traballo efectivo, a un máximo de 4 horas diarias,
>>> son 2 días e medio de traballo.
>>> Non creo que ninguén poida dedicarlle máis de 4 horas/día a traducir.
>>> Supón 50 cadeas únicas por hora de traballo, que me parece un
>>> rendemento bastante competente.
>>>
>>>
>>> Que vos parece o cálculo?
>>>
>>> http://www.trasno.net/trasno%3Amemorias
>>>
>>> Supoñen 24.000 horas de traballo, 3000 días, 9 anos ( a 20,8 € /hora
>>> cun límite de 4 horas/dia produtivas = 80 €/día por tradutor = 10
>>> €/hora laboral)
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>>
>>
>> --
>> Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
>> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
>> http://galpon.org
>> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
>> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a