2012/8/1 Xose M <pikam...@gmail.com>:
> saúdos a rolda
>
> estou traducindo a interface do buscador DDG (duckduckgo) e teño un par de
> dúbidas:
>
> - [I'm feeling ducky]. Facendo un xogo de palabras ducky-lucky referindose a
> probabilidade de que o primeiro resultado sexa "exactamente" o que buscabas.
> Deixeino sen traducir pois creo que así ten un aquel, pero se alguén ten
> algunha suxestion...
> - [disambiguation]. Aclarar o contexto do termo introducido. Existe
> "desambiguación" en galego? ou temos outra palabra máis adecuada ao caso?

Na wikipedia utilizan "homónimos". Tes un exemplo en
http://gl.wikipedia.org/wiki/Vaca

> - [dropdown]. refírese a un dropdown menú, un icono no que pulsas e
> desplégase unha lista de opcións

«menú emerxente» se non lembro mal

> -[track]. Utilízase con duas acepcións:
>             a. como "seguimento" de envío
>             b, como o seguimento que fan os buscadores (non DDG) das túas
> búsquedas. Aquí acae mellor "rastrexar", non?
> http://www.realacademiagalega.org/dicionario/#searchNoun.do?current_page=1&nounTitle=rastrexar

Despois de consultar os acordos terminolóxicos das Trasnadas estou de
acordo en que b) se debe traducir como «rastrexar». No caso de a)
podería empregarse «seguimento».

> utilizo Tiboxe e Glósima da web trasno, e antes podía realizar unha búsqueda
> no "histórico" da lista de correo, pero perdín a ligazón a ese sitio. Onde
> está? Seguramente xa foron discutidos e establecidas as normas para a miña
> consulta.

Ademais do Tiboxe e o Glósima tes os recursos terminolóxicos
dispoñíbeis en http://www.trasno.net/content/resultados-das-trasnadas
Acabo de actualizar os ficheiros TBX cos resultados da última
Trasnada, así como o texto da páxina. Espero ter a páxina de consulta
dinámica actualizada en breve, quizais mañá xa.

Os arquivos da rolda de correo pódense consultar en
http://www.mail-archive.com/proxecto@trasno.net/info.html entre outros
sitios.

> grazas

De nada.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a