Boas:

En 03/08/2012 10:59, mvillarino escribiu:
Bon día,

En referencia ao acordo que di que as frases feitas do estilo:
     "Exporting the certificate failed."
deben traducirse como:
     "Produciuse un erro ao infinitivo" (Muleta + infinitivo)

Pois que non me acaba de gustar, polos seguintes motivos:
    a) "Produciuse un erro ao": é moi longo, e no caso de frases
pequenas que van xunto con outras queda non moi aló. Ademais produce
un aumento moi grande do tamaño do texto traducido respecto do
orixinal.
    b) Cando a frase orixinal se axusta a "ppio.presente + sth +
failed." vale, pero se non leva participio presente,brrrrr.
    c) E para mirar se o pronome vai antes ou despois do verbo xa é a ostia.

Exemplos:

  Authentication failed.<br><i>%1</i> (caso b)
       Produciuse un erro ao autenticar.       #Factor de expansión:  33/22= 
1,50
       Produciuse un erro ao autenticase. ?
       cfr.
       A autenticación fallou.                       # f.e:  1,05

Use this button to retry the search that previously failed. (caso b e c)
      Utilice este botón para reintentar a busca onde antes se produciu
un erro ao .... buscar
                                                              # f.e.:
83/59 =  1,41
      Utilice este botón para reintentar a busca que fallou.
                                                              # f.e. 54/59 = 
0,92
Command \"%1\" failed. (caso b)
      Produciuse un erro ao ... \"%1\"
                                                               # f.e.
22/17 = 1,29
      A orde lolailo fallou.
                                                               # f.e.
16/17 = 0,94
Backup failed. (caso a)
      Produciuse un erro ao facer a copia de seguranza.
                                                               #  f.e. 49/14= 
3,5

Error during file copy operation: Writing failed. Filename: %1  (caso "a")
      Produciuse un erro ao copiar o ficheiro. Produciuse un erro ao
escribir. Nome do ficheiro: %1
                                                               # f.e.
91/60 = 1,52
      Produciuse un erro mentres se copiaba o ficheiro. Fallou a
escritura. Nome do ficheiro: %1
                                                               # f.e.
87/60 = 1,45
                                       (sen o mentres se copiaba,
redúcese 9 caracteres o tamaño da tradución, dando un f.e. de 78/60=
1,3)


Polo tanto, creo que sería mellor polo de agora axustar as regras
pology oportunas de tal xeito que só se detecten os casos de
"ppio.presente + sth + failed."

Opinións?
+1
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a