2013/2/28 Antón Méixome <cert...@certima.net>

>
> Hai 10 anos xa que se veñen dando este tipo de propostas. Levantar un
> grupo de persoas e entidades con suficiente peso é moi complicado e sería
> moi longo. O galego non está no límite dos idiomas con máis de 5 millóns de
> falantes que Google parece ter en conta. Case non temos información
> ningunha de como "funciona" Google por dentro.
>
>
Home, segundo a wikipedia, o euskera anda no millón, e ahí está a opción


> Eu son claramente pesimista e vexo como única opción que isto o lidere
> algunha institución (unha Universidade?)  cunha boa estratexía continua de
> varios anos.
>
>
>
Eu tamén son pesimista, pero mais que nada porque tras tantos anos coa
interface xa traducida (recordo que cando estaba en beta xa se estaba a
traducir), que non o implementen só pode significar que alguén parou o
proceso nalgún momento. De calquera xeito, a presión institucional, e mais
se é dende o ámbito académico tamén me parece a opción mais viable. Pero
iso non quita que dende outros lados se poida facer fora tamén...

Non sendo o Gmail software libre, nunca quixen propoñer que Trasno se
metese no tema (non lle compete), pero igual os seus membros si podemos
facer campaña de forma independente e coordinada. Non sei, algo tan simple
como buscar un contacto en Google e poñerse en comunicación solicitando
información, expoñendo cal e a bagaxe que temos detrás, e por que nos
interesamos.

un saúdo!!


> 2013/2/27 damufo <dam...@gmail.com>
>
>> http://galegolab.org/idea/**gmail-e-googlemail-en-galego-**1/<http://galegolab.org/idea/gmail-e-googlemail-en-galego-1/>
>>
>> _______________________________________________
>>
>
>


-- 

Xabier Villar
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a