Gracias polas respostas. O ebook ten wifi, pero a idea era telo en formato epub (como o da rae) ou pdf para poder consultalo en calquera lugar e de forma máis rápida. Xa empregaba a páxina web, pero non coñecía as Galapps, xa as instalei no móbil :)

Saúdos.

En 02/03/13 12:27, Leandro Regueiro escribiu:
2013/3/2 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
Ola Aníbal,
En libro electrónico non me consta ningún. En PDF podes atopar algo en plan
histórico.

Tamén en PDF podes atopar algún dicionario temático (creo que un de dereito)
e moitos libros de terminoloxía, non dicionarios.
Non sei o dicionario da Galipedia se pode pasar a ebook dalgunha maneira...
sería a única posibilidade.


El 2 de marzo de 2013 10:35, Aníbal <khan...@gmail.com> escribió:

Gustaríame saber se coñeciades algunha versión electrónica dun dicionario
galego para meter no aparato, xa teño un da RAE e é bastante cómodo pero non
encontrei ningún de galego.
Dependendo do aparello que sexa quizais poidas ter en conta instalar o
dicionario de Galapps: http://galapps.es/ Pero supoño que dado que
preguntas por un ebook a idea é que non tes conexión á Internet,
porque senón tamén poderías empregar
http://www.realacademiagalega.org/dicionario#inicio.do

Deica

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a