Ola.

Eu non teño nin idea de como se fai dita copia. Non sei como está o
asunto, a verdade é que non preguntei en mozdev que pasara. A verdade
é que non teño tempo, estou a outras cousas e xa comentara na lista se
alguen se quería facer cargo da localizacións dos produtos de Mozilla
ao galego. Eu ofrecíame a ensinarlle o que sei e a que lle deran o
relevo, e a ver se el conseguía organizar a forma de traballo e
conseguir voluntarios que colaboren.

Levo xa tres anos e salvo que consigo manter os produtos en galego,
non aportei nada, vai sendo de que entre xente nova e con máis folgos.
A tradución en Mozilla xa non me aporta, ou mellor dito, nunca me
aportou, vos sabedes como cheguei ao cargo, simplemente ía ser unha
pantalla, eu non me ía encargar de traducir e ao final tiven que
facelo todo eu so.

Así que, algún voluntario ou voluntarios?

Saúdos.

2013/4/14 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
> Se é que van desactivar iso habería que ver de migrar a rolda. Ou
> cando menos facer copia de seguridade de todo.
>
> Deica
>
> 2013/3/30 Enrique Estévez Fernández <e...@keko.me>:
>> Boas.
>>
>> Alguén sabe algo lista de correo do equipo galego de mozilla.
>>
>> O arquivo está:
>>
>> http://www.mozdev.org/pipermail/galician/
>>
>> Pero non aparece a lista de correo e semella que tampouco chegan os
>> correos, que volven rebotados.
>>
>> Tamén semella que faltan outras litas de correo, xa que esel istado
>> antes era moito máis grande.
>>
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
>> A ver se alguén pode axudar.
>>
>> Saúdos.
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a