2013/4/29 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> Vedes interesante unha nova sobre Ubuntu Raring 13.04? Publicouse o
> pasado día 25 e, curiosamente, non vexo referencias de prensa na rede
> galega (nin sequera en http://www.ubuntinho.com/).

Si, claro que o vexo interesante. Hai que publicar novas a miúdo, e
esta creo que das "fixas" é unha das máis importantes do ano.


> O galego quedou no posto 13º de tradución.
> Hai exactamente un ano estabamos 18º internacional.
> http://www.trasno.net/content/ubuntu-1204-precise-pangol%C3%ADn-xa-dispo%C3%B1%C3%ADbel-en-galego
>
> Somos a segunda das linguas ibéricas, por detrás do español, nada máis.
>
> A distribución quedou cuberta ata o 98 %.
>
> http://91.189.93.79:8081/stats/raring/gl
>
> Entendo que a única explicación é que os tradutores galegos se
> "fugaron" augas arriba buscando as fontes limpas.
>
> O interese da nova vén de que houbo máis de 1300 lecturas da que
> fixemos para a LTS do ano pasado. Esta non é unha LTS, como será a do
> ano que vén, pero algo breve se podería facer.
>
> :-)
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a