Ola.

Como traballo pendente da OSL, a título persoal dixen que me ía encargar de
subir os ficheiros traducidos ao proxecto Moodle, e non só para a versión
2.4 que se tentou traducir, cun resultado de case 100.000 palabras
traducidas.

Estes días comecei a subir os ficheiros. Podo dicir que xa subín os 124
ficheiros que están traducidos ao 100%. Agora comezarei a subir os pouco
máis de 400 ficheiros que hai traducidos parcialmente, cousa que me vai
levar máis tempo. A maiores estou propagando as traducións polas diferentes
versións desde a 2.0 ata a 2.5, que é a desenvolvemento actual.

Parece que xa están integrando as traducións e creando os langpack con
estas cadeas recentemente subidas. Pódense ver as estatísticas aquí:

Para a versión 2.5, estamos ao 45%
http://download.moodle.org/langpack/2.5/

Para a versión 2.4, estamos ao 47%
http://download.moodle.org/langpack/2.4/

Para a versión 2.0, estamos ao 53%
http://download.moodle.org/langpack/2.0/

Cando teña todo en orde, a ver se preparo unha nova para publicar o
traballo realizado pola OSL, pero tamén a colaboración de Trasno, xa que
desde que rematei o contrato estou traballando a título persoal, como
membro de Trasno.

Saúdos.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a