2013/5/2 Enrique Estévez Fernández <e...@keko.me>:
> Ola.
>
> Como traballo pendente da OSL, a título persoal dixen que me ía encargar de
> subir os ficheiros traducidos ao proxecto Moodle, e non só para a versión
> 2.4 que se tentou traducir, cun resultado de case 100.000 palabras
> traducidas.
>
> Estes días comecei a subir os ficheiros. Podo dicir que xa subín os 124
> ficheiros que están traducidos ao 100%. Agora comezarei a subir os pouco
> máis de 400 ficheiros que hai traducidos parcialmente, cousa que me vai
> levar máis tempo. A maiores estou propagando as traducións polas diferentes
> versións desde a 2.0 ata a 2.5, que é a desenvolvemento actual.
>
> Parece que xa están integrando as traducións e creando os langpack con estas
> cadeas recentemente subidas. Pódense ver as estatísticas aquí:
>
> Para a versión 2.5, estamos ao 45%
> http://download.moodle.org/langpack/2.5/
>
> Para a versión 2.4, estamos ao 47%
> http://download.moodle.org/langpack/2.4/
>
> Para a versión 2.0, estamos ao 53%
> http://download.moodle.org/langpack/2.0/
>
> Cando teña todo en orde, a ver se preparo unha nova para publicar o traballo
> realizado pola OSL, pero tamén a colaboración de Trasno, xa que desde que
> rematei o contrato estou traballando a título persoal, como membro de
> Trasno.
>
> Saúdos.


Mañá a ver se lle podo dar un vistazo a todo

Grazas Keko

>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a