Ola.

Non teño moi claro iso, pero falo desde suposicións.

Supoño que se existe unha limitación é só para a Party, entendendo que é un
evento que organiza a consellería de xuventude. Ademais require inscrición.
Na miña suposición, o resto de actividades non tería límite de idade e isto
si que é seguro, un non precisa inscrición. Co que entendo que as
conferencias de software libre son destinadas a calquera persoa que lle
interese, e non hai límite de idade e non se precisa inscrición. Teño
entendido que se supera o aforo da sala na que se vai facer unha
conferencia, que se move para unha sala máis grande para que todo o mundo
poida asistir.

Tentarei confirmar todo isto se vos interesa.

Saúdos.


2013/5/4 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>

> 2013/5/4 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
> > 2013/5/4 Enrique Estévez Fernández <e...@keko.me>
> >>
> >> Ola a todos.
> >>
> >> Coñezo a un dos organizadores da XGN e tentei botarlle un cable coa
> >> organización dalgunha conferencia sobre software libre.
> >>
> >> Ao final, conseguiuse sacar algo máis que unha charla sobre Firefox OS
> >> para o sábado. Aquí tedes a páxina para rexistrarvos no mini-evento que
> >> organizarán dentro da XGN a xente de mozilla-hispano.
> >>
> >>
> >>
> https://eventos.mozilla-hispano.org/27/firefox-os-app-days-santiago-de-compostela/
> >>
> >> Eu irei por alí tamén, para coñecelos en persoa e ver se aprendo algo.
> >> Espero que vos poida interesar.
> >>
> >> Saúdos.
> >>
> >> _______________________________________________
> >> Proxecto mailing list
> >> Proxecto@trasno.net
> >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >>
> >
> > Nos (GALPon) tiñamos algunha proposta, mais cando soubemos que había que
> ter
> > menos de 30 anos xa nos quitaron as ganas.
>
> Manda carallo!
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a