2013/5/5 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
> Fixen unha escolla da nova d Debian e traducina, revisádea e se vos
> parece...
> anexo en formato texto simple

Está moi ben, ten algunhas repeticións que se corrixen doadamente pero
fáltame algo sobre o galego, poderíamos meter un parágrafo sobre o
equipo de localización ao galego, o seu nivel de tradución, do
propósito de traducir o DDTP, como colaborar (isto último eu non sei
como vai)...

>
>
> 2013/5/5 Antón Méixome <cert...@certima.net>
>>
>> Alguén redacta a nova para publicar
>>
>> http://www.debian.org/News/2013/20130504
>>
>>
>>
>>
>> 2013/5/3 Jorge Barreiro <yortx.ba...@gmail.com>:
>> > O Venres 03 Maio 2013 17:11:03 Leandro Regueiro escribiu:
>> >> On Fri, May 3, 2013 at 4:57 PM, Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>
>> >> wrote:
>> >> > Alguén se anima a traballar na tradución dese monstro de 7 cabezas
>> >> > que é
>> >> > o DDTP en Debian ?
>> >> >
>> >> > Agora temos algunha solución que o fai máis doado.
>> >> > vide:
>> >> > http://www.debian.org/international/l10n/ddtp.es.html#l1
>> >> > http://ddtp.debian.net/ddtss/index.cgi/xx
>> >>
>> >> Que eu saiba ninguén anda con isto. Por se pode ser de axuda hai unha
>> >> memoria coas traducións do DDTP de Ubuntu:
>> >>
>> >> http://trasno.net/ficheiros/upload/memorias/TM_Ubuntu_12.04_Precise_DDTP_tr
>> >> anslations.gl.tmx.tar.gz
>> >>
>> >> Deica
>> >
>> > Boas,
>> >
>> > No seu momento pedín que se activara o galego no DDTP, e activado está.
>> > Fixen
>> > unhas poucas traducións, en principio mirando polas que había en ubuntu,
>> > usando a interface web. Pero a ferramenta pide que haxa polo menos 3
>> > revisións
>> > positivas de xente distinta para que se envíe a tradución, e aí están,
>> > pendentes de revisión. Tiña pensado esperar a ter certo volume e despois
>> > pedir
>> > por aquí que alguén fixera revisións, pero despois non tiven tempo, e
>> > despois
>> > decidín dedicarme a traducir a web.
>> >
>> > Na primeira ligazón fala dunha interface por correo electrónico. Fai
>> > meses
>> > fixeron a migración do servidor onde estaba isto montado, e polo que leo
>> > na
>> > lista i18n de debian non estou seguro de que agora mesmo estea
>> > funcionando.
>> >
>> > A interface web debe funcionar así así. Cada pouco vense na lista
>> > correos de
>> > xente avisando de que falla. Polo que eu puiden probar non está de todo
>> > mal,
>> > inda que boto en falta non poder usar as ferramentas ás que estou
>> > acostumado
>> > (lokalize, ...).
>> >
>> >
>> > En calquera caso anímovos a poñerse con isto, e eu apúntome a darlle
>> > algo de
>> > vida tamén. Ubuntu bebe destas traducións e penso que as descricións dos
>> > paquetes é algo que ten bastante visibilidade para o usuario final da
>> > distribución.
>> >
>> > Saúdos.
>> > _______________________________________________
>> > Proxecto mailing list
>> > Proxecto@trasno.net
>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
>
>
> --
> Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
> http://galpon.org
> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a