Ola.

Sigo co traballo de subida de ficheiros, xa poucos me quedan e ao mellor
deicido non subilos xa que non compensa, xa que os ficherios teñen moi
poucas cadeas traducidas e o traballo individual para cada un no que hai
que desmarcar todas as cadeas que non están traducidas, é dicir, que son
igual ca orixinal, non compensa.

Así que, nestes momentos estamos en:

Na versión 2.0 no 75% da tradución.
Na versión 2.5 no 69% da tradución.

O ideal sería chegar ao 80% é colocarse entre as pouco menos de 30 linguas
que están por riba de dita porcentaxe.

Seguramente estes días estea parado xa que vou mirar de atender un
requirimento que fan de Mozilla para a versión 21 de Firefox, xa que son
capaces de non sacala en galego aínda que está traducida.

Saúdos.


2013/5/3 damufo <dam...@gmail.com>

> Grazas Keko!!
> En 02/05/2013 2:24, Enrique Estévez Fernández escribiu:
>
>> Ola.
>>
>> Como traballo pendente da OSL, a título persoal dixen que me ía encargar
>> de subir os ficheiros traducidos ao proxecto Moodle, e non só para a
>> versión 2.4 que se tentou traducir, cun resultado de case 100.000 palabras
>> traducidas.
>>
>> Estes días comecei a subir os ficheiros. Podo dicir que xa subín os 124
>> ficheiros que están traducidos ao 100%. Agora comezarei a subir os pouco
>> máis de 400 ficheiros que hai traducidos parcialmente, cousa que me vai
>> levar máis tempo. A maiores estou propagando as traducións polas diferentes
>> versións desde a 2.0 ata a 2.5, que é a desenvolvemento actual.
>>
>> Parece que xa están integrando as traducións e creando os langpack con
>> estas cadeas recentemente subidas. Pódense ver as estatísticas aquí:
>>
>> Para a versión 2.5, estamos ao 45%
>> http://download.moodle.org/**langpack/2.5/<http://download.moodle.org/langpack/2.5/>
>>
>> Para a versión 2.4, estamos ao 47%
>> http://download.moodle.org/**langpack/2.4/<http://download.moodle.org/langpack/2.4/>
>>
>> Para a versión 2.0, estamos ao 53%
>> http://download.moodle.org/**langpack/2.0/<http://download.moodle.org/langpack/2.0/>
>>
>> Cando teña todo en orde, a ver se preparo unha nova para publicar o
>> traballo realizado pola OSL, pero tamén a colaboración de Trasno, xa que
>> desde que rematei o contrato estou traballando a título persoal, como
>> membro de Trasno.
>>
>> Saúdos.
>>
>>
>> ______________________________**_________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/**listinfo/proxecto<http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto>
>>
>
> ______________________________**_________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/**listinfo/proxecto<http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a