2013/5/7 Evaristo Deus Deus <evaristo.d...@gmail.com>:
> Podo intentalo, se me decides como comezar e os pasos a seguir anímome co
> GIMP.
>

Ola,

Benvido Evaristo

Gimp lévase, en principio, desde o grupo de Gnome

https://l10n.gnome.org/languages/gl/gnome-gimp/ui/

Aínda que está bastante completo, e poñelo ao 100% é doado, seguro que
non lle ven nada mal unha revisión total. E, despois, crear unha
memoria de tradución para gardala no repositorio de modo que poida
axudar a traducir calquera outro aplicativo de retoque de imaxe.

http://www.trasno.net/memorias-de-traducion/

Digo en principio porque pode haber cadeas especiais, non o sei, que
só aparecen en Ubuntu, por exemplo, ou quizais en windows.

O lóxico é que collas os ficheiros e te inscribas no grupo de Gnome.
Fran Diéguez, o coordinador, darache  máis información se a necesitas.

Con que ferramenta vas traducir? Dígoo porque en Gnome recomendan usar
Gnome Translator, loxicamente.

https://l10n.gnome.org/teams/gl/

Recursos
http://trobador.trasno.net

En todo caso aquí estamos para o que necesites

Un saúdo,

Antón Méixome


>
> --
> Saúde e boa sorte!!!
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a