Istoooo, enténdese que nunca vos traballaron dous colaboradores á vez sobre
dun mesmo ficheiro ?


2013/5/8 mvillarino <mvillar...@kde-espana.es>

> Boa tarde,
>
> pois que levo un tempo barallando este tema. Cruzóuseme cando aquelo da
> proposta do translatewiki de meter unha interface web para traducir kde, e
> seguín dándolle voltas ao asunto.
> (de aí que teña traballos pendentes de remitir)
>
> A cousa é que veña que tumba e dalle cheguei a elaborar un script en
> python, dependente de pology, que realiza un "3-way merge" de ficheiros po,
>  questá sen rematar e por exemplo sei que debería facer un procesamento
> adicional das unidades de tradución de recoñecemento dos tradutores, e
> tamén podería mellorar no que fai coas cabeceiras, pero que queredes que
> vos diga, fai o traballo.
>
> Peeeeero..... claro, faino como a min me peta, e non sei se iso é o
> correcto.
>
> Para quen queira coñecer máis dos detalles, podedes atopar o script onde
> sempre (... kde.... /l10n-support/gl/coordinator_helper_scripts/ ... e non
> me recordo o nome).
>
> O que ven facendo é:
>
> Sexan tres ficheiros po, tal vez, pero non necesariamente, "rebase-ados"
> no mesmo ficheiro pot.
> Apiloaos en capas, con "old" no fondo, seguido de "mine" e no cume "yours".
> Defíne un criterio de "transparencia" das unidades de tradución das capas
> que non son fondo.
> Mira desde riba.
>
> .. si, xa sei que se podería xeralizar a n ficheiros.
>
> Por favor, comentarios.
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a