2013/5/15 mvillarino <mvillar...@kde-espana.es>:
> Istoooo, enténdese que nunca vos traballaron dous colaboradores á vez sobre
> dun mesmo ficheiro ?

O certo é que non. No resto dos equipos procuramos ter só un
colaborador ou repartir os ficheiros entre os colaboradores de xeito
que só haxa un colaborador por ficheiro.

> 2013/5/8 mvillarino <mvillar...@kde-espana.es>
>>
>> Boa tarde,
>>
>> pois que levo un tempo barallando este tema. Cruzóuseme cando aquelo da
>> proposta do translatewiki de meter unha interface web para traducir kde, e
>> seguín dándolle voltas ao asunto.
>> (de aí que teña traballos pendentes de remitir)
>>
>> A cousa é que veña que tumba e dalle cheguei a elaborar un script en
>> python, dependente de pology, que realiza un "3-way merge" de ficheiros po,
>> questá sen rematar e por exemplo sei que debería facer un procesamento
>> adicional das unidades de tradución de recoñecemento dos tradutores, e tamén
>> podería mellorar no que fai coas cabeceiras, pero que queredes que vos diga,
>> fai o traballo.
>>
>> Peeeeero..... claro, faino como a min me peta, e non sei se iso é o
>> correcto.
>>
>> Para quen queira coñecer máis dos detalles, podedes atopar o script onde
>> sempre (... kde.... /l10n-support/gl/coordinator_helper_scripts/ ... e non
>> me recordo o nome).
>>
>> O que ven facendo é:
>>
>> Sexan tres ficheiros po, tal vez, pero non necesariamente, "rebase-ados"
>> no mesmo ficheiro pot.
>> Apiloaos en capas, con "old" no fondo, seguido de "mine" e no cume
>> "yours".
>> Defíne un criterio de "transparencia" das unidades de tradución das capas
>> que non son fondo.
>> Mira desde riba.
>>
>> .. si, xa sei que se podería xeralizar a n ficheiros.
>>
>> Por favor, comentarios.

Non me sinto eu moi capaz de comentar. Sempre que tiven que xuntar
varias traducións diferentes sobre o mesmo ficheiro empreguei a máis
vella como memoria de tradución para completar a máis nova.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a