En realidade a distro non é nova, antes o seu nome era "Cinnarch" e
básicamente era unha versión de Arch Linux co entorno de escritorio
Cinnamon, mais debido ao cambio das APIs de Gnome 3.8, é imposíbel empregar
Cinnamon pois aínda non é compatíbel con esas APIs (Clement Lefebvre,
principal desenvolvedor de Linux Mint e do escritorio Cinnamon dixo que
Cinnamon estaba feito para Linux Mint, non para outras distros, e que
actualizarían Cinnamon para ser compatíbel coas novas APIs cando fose
necesario para Linux Mint). Despois disto, os desenvolvedores de Cinnarch
decidiron liberar Antergos coma unha nova distribución, mais principalmente
ten a mesma idea que a antiga Cinnarch: crear unha distibución baseada en
Arch Linux que sexa máis amigábel co usuario a través do emprego de
interfaces gráficas.


2013/5/17 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>

> Pois haberá que darlle a benvida...
>
> a mágoa é o mal traducida que esta ao galego
> https://www.transifex.com/projects/p/antergos/language/gl/
>
>
> 2013/5/17 Antón Méixome <cert...@certima.net>
>
>> Un novo veciño no barrio
>>
>> 'Antergos', nova distribución Linux con selo galego
>>
>> http://antergos.com/
>>
>> http://www.galiciaconfidencial.com/nova/14431.html
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
>
>
> --
> Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
> http://galpon.org
> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>


-- 
Isaac Álvarez Veiga
Alumno de Grao en Tradución e Interpretación (galego-inglés) 4º curso
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a