Envío captura de pantalla do máis parecido que atopo

Parece que esa cadea non está na interface. Aparece polo contrario
«Markdown Syntax» traducible como «Sintaxe Markdown». Así que
«Markdown basics» debe estar nas opcións de configuración pero
asáltame unha dúbida. Ao mellor refírese a que se dá unha pequena
explicación, unha páxina de axuda, para que os usuarios aprendan a
usar este marcado.

Máis cadeas relacionadas:

Enable code-friendly Markdown
Toggle the real time Markdown editor preview
learn more about Markdown

Visto isto eu interpreto contigo que vai ser mellor «Fundamentos de
Markdown» ou algo así como «O básico de Markdown»

Grazas.


2013/5/17 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> 2013/5/17 Xosé <xoseca...@gmail.com>:
>> "basics" é un substantivo, non un adxectivo, e «Markdown básico» sería
>> "basic Markdown".
>>
>> http://bundle.weblogzinc.com/docs/markdown%20basics.php
>
>
> Si, ben eu comparto iso pero... poñer "Fundamentos de Markdown" creo
> que non vai ir ben. Buscarei unha captura de pantalla a ver se me
> aclaro.
>
> O software desenvólveno chilenos (Askboot) así que ao mellor o inglés
> non é moi fino.

<<attachment: Askboot_markdown.png>>

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a