2013/5/20 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>:
> Ola a todos,
>
> cairon novas cadeas en libweather, unha biblioteca que serve para tratar con
> información relativa a previsións metereolóxicas. Desta vez relacionadas coa
> neve e as súas posíbeis gradacións.
>
> Sleet
> Little sleet
> Moderate sleet
> Heavy sleet
> Sleet storm
> Showers of sleet
>
> polas referencias semella ser algo como "auganeve" pero igual tedes algunha
> suxestión.
>
> Refs:
>
> http://en.wikipedia.org/wiki/Sleet

Busquei no WordReference e daba como traducións para o castelán
«aguanieve» e «cellisca», que en galego serían:

* «auganeve» 
http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=auganeve
* «xistra» 
http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=xistra

Son cousas diferentes, así que non sei cal viría sendo.

Despois de remexer noutras fontes parece ser que a tradución máis
común é «auganeve».

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a