Boas,

na wikipedia en alemán (era a única na que había entrada, aparentemente, a
máis da inglesa), chámanlle 'Eisregen' (literalmente, o composto de xeo
(Eis) e chover/choiva (Regen).

Total, que alí redirixe a
Unterkühlter Regen (Eisregen)

onde ven a explicar que son gotas de chuvia que pasaron o proceso de
'unterkühlung', que en castelán parece que se di 'sobrefusión', ou máis
literalmente traducido, '*superenfriamiento*' (en alemán sería algo como
"máis abaixo do enfriamento", +/- )

Resumindo, que son gotas de chuvia que veñen máis frías que 0 graos. Así
que... eu diría que 'auganeve', si.


2013/5/20 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>

> 2013/5/20 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>:
> > Ola a todos,
> >
> > cairon novas cadeas en libweather, unha biblioteca que serve para tratar
> con
> > información relativa a previsións metereolóxicas. Desta vez relacionadas
> coa
> > neve e as súas posíbeis gradacións.
> >
> > Sleet
> > Little sleet
> > Moderate sleet
> > Heavy sleet
> > Sleet storm
> > Showers of sleet
> >
> > polas referencias semella ser algo como "auganeve" pero igual tedes
> algunha
> > suxestión.
> >
> > Refs:
> >
> > http://en.wikipedia.org/wiki/Sleet
>
> Busquei no WordReference e daba como traducións para o castelán
> «aguanieve» e «cellisca», que en galego serían:
>
> * «auganeve»
> http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=auganeve
> * «xistra»
> http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=xistra
>
> Son cousas diferentes, así que non sei cal viría sendo.
>
> Despois de remexer noutras fontes parece ser que a tradución máis
> común é «auganeve».
>
> Deica
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 
Saúde,

J. M. Castroagudín
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a