2013/5/28 Cristian Estévez Hermida <cestevez2...@gmail.com>

> Ola,
> fai un tempo comecei coa tradución de Wordpress ao galego (que por aquel
> entón levaba ano medio sen actualizarse) pero tiven que deixalo por mor das
> miñas responsabilidades académicas. Agora que ía retomalo topeime conque xa
> está actualizado, o cal é unha boa nova, pero non hai ningunha información
> de quen levou a  cabo a tradución e a sección de colaboración está caída.
> Foi algún dos membros de Trasno?
> Vendo que WordPress xa está en boas mans, gustaríame dedicarme a un novo
> proxecto. Fai pouco falábase nas listas de correo de que se buscaba un novo
> tradutor para Firefox, e polo que vexo na web Chromium, o navegador que uso
> de forma máis habitual, tamén está abandonado. Que me recomendades?
>

Polo que respecta a Chromium, non é que estea abandonado, é que Google
pechou as traducións desde a comunidade. Non sabemos se é que pensan en
facelo pola súa conta (nun futuro, actualmente non están a facelo)  ou se é
que simplemente pasan de todo.

Eu sigo supervisando os medios nos que se fixo a tradución e, como digo,
está todo sen modificacións dende vai xa bastante tempo.


>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>


-- 
Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a