2013/5/29 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
> 2013/5/28 Cristian Estévez Hermida <cestevez2...@gmail.com>
>>
>> Ola,
>> fai un tempo comecei coa tradución de Wordpress ao galego (que por aquel
>> entón levaba ano medio sen actualizarse) pero tiven que deixalo por mor das
>> miñas responsabilidades académicas. Agora que ía retomalo topeime conque xa
>> está actualizado, o cal é unha boa nova, pero non hai ningunha información
>> de quen levou a  cabo a tradución e a sección de colaboración está caída.
>> Foi algún dos membros de Trasno?
>> Vendo que WordPress xa está en boas mans, gustaríame dedicarme a un novo
>> proxecto. Fai pouco falábase nas listas de correo de que se buscaba un novo
>> tradutor para Firefox, e polo que vexo na web Chromium, o navegador que uso
>> de forma máis habitual, tamén está abandonado. Que me recomendades?
>
> Polo que respecta a Chromium, non é que estea abandonado, é que Google
> pechou as traducións desde a comunidade. Non sabemos se é que pensan en
> facelo pola súa conta (nun futuro, actualmente non están a facelo)  ou se é
> que simplemente pasan de todo.
>
> Eu sigo supervisando os medios nos que se fixo a tradución e, como digo,
> está todo sen modificacións dende vai xa bastante tempo.

WordPress está sendo traducido por un grupo alleo ao Proxecto Trasno.
Ata onde eu sei manteñen a tradución actualizada.

En Firefox (máis ben todo Mozilla) o que están buscando non é só un
novo tradutor, senón un novo coordinador. En todo caso seguro que un
novo tradutor lles vén ben. O proceso de tradución, polo que sei, é
bastante complicado. O actual coordinador non é que fixera moito por
simplificalo, pero se aparece algún tradutor novo igual se anima a
buscar un xeito de simplificalo.

Respecto de outros proxectos, se non lembro mal pediron axuda hai uns
días para actualizar a tradución da vindeira versión de LibreOffice,
que emprega Pootle, así que se non te ves moi confiado sempre podes
suxerir traducións para que despois se revisen. Ademais hai outros
proxectos por aí que precisan axuda: a documentación de GNOME, KDE,
Debian, ou podes coller algún proxecto que creo que non ten tradutores
actualmente, como Inkscape ou Fedora.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a