2013/5/29 Cristian Estévez Hermida <cestevez2...@gmail.com>:
> Xa vexo que a cousa está complicada. A verdade, eu actualmente tampouco
> dispoño de cinco a dez horas a semana para adicarlle a proxectos de
> traduccións alleos á carreira. Encantaríame poder colaborar como tradutor,
> pero moito me temo que non vou poder ser o único que leve o proxecto, nin
> moito menos ter a regularidade que algo así exise, polo menos por agora.
> Sintoo moito.
> Quizais debería adicarme a outro proxecto. Falouse nesta mesma cadea de
> LibreOffice e Inkscape, dos que son usuarios. Quizais podería adicarme a
> algún deses proxectos.

Para LibreOffice suxíroche inscribirte tamén na súa rolda de correo e
enviar unha mensaxe presentándote (a rolda «discuss»). Tes os datos
sobre como facelo aquí
https://wiki.documentfoundation.org/Local_Mailing_Lists/gl Para
traducir podes facelo en
https://translations.documentfoundation.org/gl/libo_ui/

Respecto de Mozilla, xa falamos noutro fío, e non hai moito, sobre a
posibilidade de mover as traducións (de algúns proxectos, xa non se
poden mover todos) ao Pootle: http://mozilla.locamotion.org/ Iso
permitiríanos simplemente traducir e revisar sen preocuparse de
remitir as traducións. E xa sei que o traballo de coordinador esixe
outros esforzos, pero polo menos quitar do medio, na medida do
posible, o de ter que trafegar con mercurial.

Deica

> 2013/5/29 Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com>
>>
>> Boas.
>>
>> Non é tan sinxelo traducir en Mozilla. A min tardaron un ano en aceptarme
>> o primeiro envío con traducións. Ademais todo é máis complexo ca iso. Se
>> queres ser o coordinador vas ter que controlar con sistemas de control de
>> versións, de entrada con mercurial e svn. Terás que facer mérito ata que
>> acepten as túas traducións.
>>
>> Se queres animarte, eu tentarei axudarche, pero nas próximas semanas
>> estarei desconectado, co que conta comigo para finais de xuño, antes
>> imposible. Primeiro vou tentar actualizar todas as traducións e despois
>> voume de vacacións.
>>
>> Información sobre a tradución de Mozilla:
>> https://wiki.mozilla.org/L10n:Localization_Teams
>> https://wiki.mozilla.org/L10n:Starting_a_localization
>>
>> https://developer.mozilla.org/en-US/docs/Localization_Quick_Start_Guide/Initial_setup
>>
>> https://developer.mozilla.org/en-US/docs/Localization_Quick_Start_Guide/Translation_phase
>>
>> Bótalle un ollo e xa me dis que che parece. Comentarche que cada 6 semanas
>> sae unha nova versión de todos os produtos, co que cada seis semanas hai
>> moito choio. Determinadas páxinas web tamén é obrigatorio traducilas, para
>> que che conserven ou saquen as versión oficiais en galego. Calculo unha
>> media de 5 horas de traballo a semana, o ideal son 10, para levar todo ao
>> día, tempo que eu agora non lle podo adicar.
>>
>> Saúdos.
>>
>>
>> 2013/5/29 Cristian Estévez Hermida <cestevez2...@gmail.com>
>>>
>>> Creo que o podo facer. A fin de contas, isto é un proxecto de software
>>> libre, así que ante as dúbidas podo contar con Trasno e coa comunidade en
>>> xeral para que me axude :)
>>> Que debería facer? Poñerme en contacto con anterior coordinador?
>>>
>>>
>>> 2013/5/29 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>
>>>>
>>>> Máis que benvido!,
>>>>
>>>> O que máis se precisaría agora é encargarnos de Mozilla (e digo de
>>>> tradutor, de primeiras). Que che parecería?
>>>>
>>>>
>>>> 2013/5/29 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
>>>>>
>>>>> 2013/5/29 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
>>>>> > 2013/5/28 Cristian Estévez Hermida <cestevez2...@gmail.com>
>>>>> >>
>>>>> >> Ola,
>>>>> >> fai un tempo comecei coa tradución de Wordpress ao galego (que por
>>>>> >> aquel
>>>>> >> entón levaba ano medio sen actualizarse) pero tiven que deixalo por
>>>>> >> mor das
>>>>> >> miñas responsabilidades académicas. Agora que ía retomalo topeime
>>>>> >> conque xa
>>>>> >> está actualizado, o cal é unha boa nova, pero non hai ningunha
>>>>> >> información
>>>>> >> de quen levou a  cabo a tradución e a sección de colaboración está
>>>>> >> caída.
>>>>> >> Foi algún dos membros de Trasno?
>>>>> >> Vendo que WordPress xa está en boas mans, gustaríame dedicarme a un
>>>>> >> novo
>>>>> >> proxecto. Fai pouco falábase nas listas de correo de que se buscaba
>>>>> >> un novo
>>>>> >> tradutor para Firefox, e polo que vexo na web Chromium, o navegador
>>>>> >> que uso
>>>>> >> de forma máis habitual, tamén está abandonado. Que me recomendades?
>>>>> >
>>>>> > Polo que respecta a Chromium, non é que estea abandonado, é que
>>>>> > Google
>>>>> > pechou as traducións desde a comunidade. Non sabemos se é que pensan
>>>>> > en
>>>>> > facelo pola súa conta (nun futuro, actualmente non están a facelo)
>>>>> > ou se é
>>>>> > que simplemente pasan de todo.
>>>>> >
>>>>> > Eu sigo supervisando os medios nos que se fixo a tradución e, como
>>>>> > digo,
>>>>> > está todo sen modificacións dende vai xa bastante tempo.
>>>>>
>>>>> WordPress está sendo traducido por un grupo alleo ao Proxecto Trasno.
>>>>> Ata onde eu sei manteñen a tradución actualizada.
>>>>>
>>>>> En Firefox (máis ben todo Mozilla) o que están buscando non é só un
>>>>> novo tradutor, senón un novo coordinador. En todo caso seguro que un
>>>>> novo tradutor lles vén ben. O proceso de tradución, polo que sei, é
>>>>> bastante complicado. O actual coordinador non é que fixera moito por
>>>>> simplificalo, pero se aparece algún tradutor novo igual se anima a
>>>>> buscar un xeito de simplificalo.
>>>>>
>>>>> Respecto de outros proxectos, se non lembro mal pediron axuda hai uns
>>>>> días para actualizar a tradución da vindeira versión de LibreOffice,
>>>>> que emprega Pootle, así que se non te ves moi confiado sempre podes
>>>>> suxerir traducións para que despois se revisen. Ademais hai outros
>>>>> proxectos por aí que precisan axuda: a documentación de GNOME, KDE,
>>>>> Debian, ou podes coller algún proxecto que creo que non ten tradutores
>>>>> actualmente, como Inkscape ou Fedora.
>>>>>
>>>>> Deica
>>>>> _______________________________________________
>>>>> Proxecto mailing list
>>>>> Proxecto@trasno.net
>>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>>
>>>>
>>>>
>>>> _______________________________________________
>>>> Proxecto mailing list
>>>> Proxecto@trasno.net
>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>>
>>>
>>>
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a