2013/5/30 Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com>:
> Ola.

Ola. Vou responder polo medio ás últimas mensaxes de Fran e Keko.


> Nos últimos días estiven facendo cousas e vou probar unha última cousa nas
> próximas semanas. Estou vendo de con scripts e pequenas utilidades en Java,
> de recuperar todo o traballo e ver como integra todo con OmegaT. Isto vouno
> facer si ou si, porque me apetece, porque quero ver como se pode xestionar
> todo cunha ferramenta de TAC en local e automatizar cousas con scripts,
> similar ao que fai Fran con Gnome.
>
> Vou ir publicando todo en GitHub, igual que a pequena utilidade que estou
> facendo para poder xestionar a tradución de OJS en local, cun aplicativo TAC
> reaproveitando o que hai feito ata agora.
>
> Se conseguira resultados, poderíame chegar a plantexar facer algo grande que
> intregre ferramentas e conversores existentes e poder presentalo como PFC,
> que xa vai sendo hora de que remate a miña carreira.

Caralludo. Tira para adiante. Aínda que desde o punto de vista non
creo que agora mesmo este sexa o mellor xeito para levar a tradución
de Mozilla. Pero o que propoño máis abaixo pode complementarse con
esta idea túa de algún xeito.


> Con todo isto, decirvos que se isto traballa para Mozilla, seguirei mantendo
> a coordinación e tradución polo menos ata final de ano (case o podo garantir
> agora, co que o meu relevo é necesario pero hai tempo). Pero estaría ben que
> alguén se fora informando de como funciona Mozilla, que ventaxes ten
> traducir en liña e sobre todo inconvintes, que ata fai moi pouco eran
> moitos. E sobre todo, que en Mozilla necesitan unha persoa responsábel para
> levar a localización, non vale eu traduzo hoxe e sabe dios cando. As cousas
> non son tan fáciles. De nada vale traducir os aplicativos se despois non hai
> nadie que faga un opt-in, e este ten que ser sobre algo que funcione. Eu
> teño feito algún se probar cousas e cando hai fallos, que os soe haber,
> enteranse a primeira, e deneganche o opt-in completo. Así que, traducir e
> non validar, implica que non aceptas esas cadeas, e aínda que estean
> traducidas eles seguen construíndo os produtos con esas cadeas en inglés, co
> que non é tan doado a cousa. Non é meter medo, e que teñen moitos controles
> de calidade, e só falo de cousas que teñen automatizado, xa non de que teña
> sentido o que se traduciu, de que se vexa mal, etc, ...
>
> Saúdos.
>
>
> 2013/4/30 Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com>
>>
>> Ola.
>>
>>> Tampouco lle vexo tanto malo ao estado das traducións de Mozilla. Por
>>> exemplo este é o estado de GNOME sen tocalo unha semana,
>>> https://l10n.gnome.org/languages/gl/gnome-3-10/ui/, e tampouco é moito
>>> traballo, xa que podo calcular que me levaría 30 minutos.
>>
>>
>> Vía web non sei se é moito, pero co método manual que uso eu é moitísimo.
>> Falamos dunhas 20 horas de traballo mínimo. Hai que comprobar os bugs nos
>> que abriron as traducións, apuntar detalle do mesmo para as estatísticas,
>> buscar ficherios e borrar e engadir cadeas, e traducilas seguindo o estilo
>> actual, que soe supór buscar en Transvision (xa que traduzo co editor de
>> textos). Xa teño comentando en máis dunha ocasión o traballo que me leva e
>> as cadeas ou bugs que xeran en Mozilla cada 6 semanas. Para eu poder levalo
>> ben, preciso un mínimo de 5 horas todas as semanas, o ideal serían 7 horas.

Eu agora mismo, e vendo como está a cousa, suxiro pasarse a Pootle
pero xa. 7 horas é unha barbaridade, debería ser 1 hora semanal.
Mozilla ten un contrato con Translate (para a que estou traballando
agora mesmo) e case todos os días se anda a facer algo no Pootle que
teñen aloxado para Mozilla. Vou intentar facer un breve resumo de pros
e contras:

Vantaxes:

* No Pootle de Mozilla hai sincronizacións semanais (os venres)
# Esquecerse de obter as últimas traducións
# Esquecerse de facer merges de ficheiros (se é que se facían)
# Esquecerse de enviar as traducións
* Pootle mellorou ultimamente, e a versión que se emprega para Mozilla
é o último do último
# Vai como un tiro (ata onde é posible)
# A interface de tradución mellorou moitisimo
* Esquecerse de Transvision xa que se pode pedir que a base de datos
de traducións (corpus) estea en amaGama (tamén de Translate) e que
está conectado directamente co Pootle
* Suxestións de terminoloxía (habería que ver como crear ou importar a
terminoloxía, pero é factible)
* Revisións automáticas de erros, tendo en conta que non é tan potente
como Pology
* Podes baixar as traducións en formato PO
# Podes traducir en local, con calquera ferramenta CAT que che guste,
revisalas con Pology ou co que sexa, e subilas de volta ao Pootle
# Esquécete de traballar con formatos chungos como .properties e DTD
* Parece que hai un certo movemento cara Pootle na comunidade de
Mozilla, ou polo menos todas as semanas vexo que se engade algún
idioma novo ao Pootle de Mozilla.
* A importación inicial das traducións fáinola a xente de Translate,
pero iso si, as traducións mellor que estean no mercurial de Mozilla.
* Pootle permite enviar e revisar suxestións, o que permite traballar
equipos con tradutores que teñan un diferente nivel de control nisto
da tradución.
* Estívose traballando estes últimos días para que Pootle xere
directamente XPIs.
* Este método de traballo é máis fácil de documentar.


Problemas:

* Non tes salvas de revisar bugs, nin remexer ata atopar o ficheiro
problemático, pero Pootle permite realizar buscas de cadeas.
* Só teñen importados un número limitado de proxectos, e a menos que
Mozilla amplíe o contrato vai quedar así por algún tempo:
http://mozilla.locamotion.org/projects/
# Non poderás empregar Pootle para traducir esas páxinas de promoción.
Paréceme un erro por parte de Mozilla non facilitar a tradución das
mesmas.
* Evidentemente tampouco nos librará de probar que as traducións funcionan.
* Keko ten que aprender o novo sistema.


Seguro que me esqueceu algo nalgunha das dúas listas, pero creo que xa
están bastante completas.


>>> Quizáis habería que repensar unhas cousas:
>>>
>>> - Xa que a capacidade humana é limitada podería replantexarse que
>>> proxectos son alcanzábeis. Isto é, Se só hai un tradutor, é sensato que se
>>> traduza Ligthning, SeaMonkey ou Fennec? Que proxectos son os que máis se
>>> usan?
>>
>>
>> Estou de acordo. Fennec nunca se chegou a usar, a comunidade de
>> localización está queimada, xa que nunca pasou de builds, ou iso din. Gaia é
>> a interface de Firefox OS, do que teño pendente de subir o que levo feito,
>> aquí estaba vendo de traducir con OmegaT, axudándome de scripts. A súa
>> tradución tampouco ten moito sentido se finalmente non deciden integrar o
>> galego nas construcións de base nos teléfonos móbiles. Aquí hai unha pelexa
>> que non vexades.

Concordo con isto. Enviar as traducións que estean pendentes ao
repositorio, crear TMXs, e xa se retomará a tradución nun futuro se
hai xente con ganas e tempo.


>>> - A metodoloxía de traballo dentro de Mozilla supón moita carga de
>>> traballo. Un sistema de tradución en liña con integración no repositorio
>>> sería o idóneo. Así minimizaríase o traballo adicional fóra da tradución.
>>>
>>
>> Se este sistema funciona, é o ideal. Supoño que a labor do coordinador
>> terá pouco que ver coa tradución. Penso que se limitará a probar as
>> compilacións que se fagan coas traducións realizadas vía web, e darlle o ok
>> para que se constrúan as release oficiais. Basicamente probar nigthly.
>>
>>>
>>> Por outra banda, coido que sería un acto de responsabilidade por parte de
>>> Keko preparar a saída do proxecto, isto é, deixar de traducir e adicar un
>>> pequeno esforzo en preparar á nova persoa que se encargue, p.ex. facerlle a
>>> investigación inicial máis levadeira.
>>>
>> Eu axudarei a persoa que queira tomar a coordinación no que sei. O que non
>> podo asumir é investigar como funciona o novo sistema, se o deixo é porque
>> estou canso e non teño tempo. Nestes momentos outros proxectos consumen o
>> meu tempo. O meu gran problema é a comunicación en inglés para facerme
>> entender coa xente de Mozilla. Traducir xa non estou traducindo, e non sei
>> se seguirei traducindo. O que colla o relevo seguro que terá que por ao día
>> as traducións. Se todos lembrades, miña actuación en Mozilla non ía ter que
>> ver coa tradución, e finalmente acabei traducindo, xa que a persoa que o ía
>> facer desapareceu da escena e tiven que cargar co proxecto.
>>
>>>
>>> Coido que todos estamos até arriba co que cómpre buscar persoas. Para iso
>>> é necesario publicar no web algo como "A tradución de Mozilla en perigo" e
>>> que teña a máxima repercusión os medios. Desta forma algunha persoa
>>> interesada chegar a axudar.
>>
>>
>> Me parece unha moi boa idea. Supoño que máis dunha persoa se animará,
>> entres eles Ifrit e Manuel Souto, que algo comentaron non fai moito tempo
>> nun correo, penso que na lista de mozdev.
>>
>> Eu axudareille a persoa que queira tomar o relevo, a diferencia do que
>> pasou no meu caso, que tiven que buscarme a vida.
>>
>> Saúdos.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a