On jue 30 may 2013 17:28:43 CEST, Leandro Regueiro wrote:
2013/5/30 Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com>:
Ola.

Ola. Vou responder polo medio ás últimas mensaxes de Fran e Keko.


Nos últimos días estiven facendo cousas e vou probar unha última cousa nas
próximas semanas. Estou vendo de con scripts e pequenas utilidades en Java,
de recuperar todo o traballo e ver como integra todo con OmegaT. Isto vouno
facer si ou si, porque me apetece, porque quero ver como se pode xestionar
todo cunha ferramenta de TAC en local e automatizar cousas con scripts,
similar ao que fai Fran con Gnome.

Vou ir publicando todo en GitHub, igual que a pequena utilidade que estou
facendo para poder xestionar a tradución de OJS en local, cun aplicativo TAC
reaproveitando o que hai feito ata agora.

Se conseguira resultados, poderíame chegar a plantexar facer algo grande que
intregre ferramentas e conversores existentes e poder presentalo como PFC,
que xa vai sendo hora de que remate a miña carreira.

Caralludo. Tira para adiante. Aínda que desde o punto de vista non
creo que agora mesmo este sexa o mellor xeito para levar a tradución
de Mozilla. Pero o que propoño máis abaixo pode complementarse con
esta idea túa de algún xeito.


Con todo isto, decirvos que se isto traballa para Mozilla, seguirei mantendo
a coordinación e tradución polo menos ata final de ano (case o podo garantir
agora, co que o meu relevo é necesario pero hai tempo). Pero estaría ben que
alguén se fora informando de como funciona Mozilla, que ventaxes ten
traducir en liña e sobre todo inconvintes, que ata fai moi pouco eran
moitos. E sobre todo, que en Mozilla necesitan unha persoa responsábel para
levar a localización, non vale eu traduzo hoxe e sabe dios cando. As cousas
non son tan fáciles. De nada vale traducir os aplicativos se despois non hai
nadie que faga un opt-in, e este ten que ser sobre algo que funcione. Eu
teño feito algún se probar cousas e cando hai fallos, que os soe haber,
enteranse a primeira, e deneganche o opt-in completo. Así que, traducir e
non validar, implica que non aceptas esas cadeas, e aínda que estean
traducidas eles seguen construíndo os produtos con esas cadeas en inglés, co
que non é tan doado a cousa. Non é meter medo, e que teñen moitos controles
de calidade, e só falo de cousas que teñen automatizado, xa non de que teña
sentido o que se traduciu, de que se vexa mal, etc, ...

Saúdos.


2013/4/30 Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com>

Ola.

Tampouco lle vexo tanto malo ao estado das traducións de Mozilla. Por
exemplo este é o estado de GNOME sen tocalo unha semana,
https://l10n.gnome.org/languages/gl/gnome-3-10/ui/, e tampouco é moito
traballo, xa que podo calcular que me levaría 30 minutos.


Vía web non sei se é moito, pero co método manual que uso eu é moitísimo.
Falamos dunhas 20 horas de traballo mínimo. Hai que comprobar os bugs nos
que abriron as traducións, apuntar detalle do mesmo para as estatísticas,
buscar ficherios e borrar e engadir cadeas, e traducilas seguindo o estilo
actual, que soe supór buscar en Transvision (xa que traduzo co editor de
textos). Xa teño comentando en máis dunha ocasión o traballo que me leva e
as cadeas ou bugs que xeran en Mozilla cada 6 semanas. Para eu poder levalo
ben, preciso un mínimo de 5 horas todas as semanas, o ideal serían 7 horas.

Eu agora mismo, e vendo como está a cousa, suxiro pasarse a Pootle
pero xa. 7 horas é unha barbaridade, debería ser 1 hora semanal.
Mozilla ten un contrato con Translate (para a que estou traballando
agora mesmo) e case todos os días se anda a facer algo no Pootle que
teñen aloxado para Mozilla. Vou intentar facer un breve resumo de pros
e contras:

Vantaxes:

* No Pootle de Mozilla hai sincronizacións semanais (os venres)
# Esquecerse de obter as últimas traducións
# Esquecerse de facer merges de ficheiros (se é que se facían)
# Esquecerse de enviar as traducións
* Pootle mellorou ultimamente, e a versión que se emprega para Mozilla
é o último do último
# Vai como un tiro (ata onde é posible)
# A interface de tradución mellorou moitisimo
* Esquecerse de Transvision xa que se pode pedir que a base de datos
de traducións (corpus) estea en amaGama (tamén de Translate) e que
está conectado directamente co Pootle
* Suxestións de terminoloxía (habería que ver como crear ou importar a
terminoloxía, pero é factible)
* Revisións automáticas de erros, tendo en conta que non é tan potente
como Pology
* Podes baixar as traducións en formato PO
# Podes traducir en local, con calquera ferramenta CAT que che guste,
revisalas con Pology ou co que sexa, e subilas de volta ao Pootle
# Esquécete de traballar con formatos chungos como .properties e DTD
* Parece que hai un certo movemento cara Pootle na comunidade de
Mozilla, ou polo menos todas as semanas vexo que se engade algún
idioma novo ao Pootle de Mozilla.
* A importación inicial das traducións fáinola a xente de Translate,
pero iso si, as traducións mellor que estean no mercurial de Mozilla.
* Pootle permite enviar e revisar suxestións, o que permite traballar
equipos con tradutores que teñan un diferente nivel de control nisto
da tradución.
* Estívose traballando estes últimos días para que Pootle xere
directamente XPIs.
* Este método de traballo é máis fácil de documentar.


Problemas:

* Non tes salvas de revisar bugs, nin remexer ata atopar o ficheiro
problemático, pero Pootle permite realizar buscas de cadeas.
* Só teñen importados un número limitado de proxectos, e a menos que
Mozilla amplíe o contrato vai quedar así por algún tempo:
http://mozilla.locamotion.org/projects/
# Non poderás empregar Pootle para traducir esas páxinas de promoción.
Paréceme un erro por parte de Mozilla non facilitar a tradución das
mesmas.
* Evidentemente tampouco nos librará de probar que as traducións funcionan.
* Keko ten que aprender o novo sistema.


Seguro que me esqueceu algo nalgunha das dúas listas, pero creo que xa
están bastante completas.


Quizáis habería que repensar unhas cousas:

- Xa que a capacidade humana é limitada podería replantexarse que
proxectos son alcanzábeis. Isto é, Se só hai un tradutor, é sensato que se
traduza Ligthning, SeaMonkey ou Fennec? Que proxectos son os que máis se
usan?


Estou de acordo. Fennec nunca se chegou a usar, a comunidade de
localización está queimada, xa que nunca pasou de builds, ou iso din. Gaia é
a interface de Firefox OS, do que teño pendente de subir o que levo feito,
aquí estaba vendo de traducir con OmegaT, axudándome de scripts. A súa
tradución tampouco ten moito sentido se finalmente non deciden integrar o
galego nas construcións de base nos teléfonos móbiles. Aquí hai unha pelexa
que non vexades.

Concordo con isto. Enviar as traducións que estean pendentes ao
repositorio, crear TMXs, e xa se retomará a tradución nun futuro se
hai xente con ganas e tempo.


- A metodoloxía de traballo dentro de Mozilla supón moita carga de
traballo. Un sistema de tradución en liña con integración no repositorio
sería o idóneo. Así minimizaríase o traballo adicional fóra da tradución.


Se este sistema funciona, é o ideal. Supoño que a labor do coordinador
terá pouco que ver coa tradución. Penso que se limitará a probar as
compilacións que se fagan coas traducións realizadas vía web, e darlle o ok
para que se constrúan as release oficiais. Basicamente probar nigthly.


Por outra banda, coido que sería un acto de responsabilidade por parte de
Keko preparar a saída do proxecto, isto é, deixar de traducir e adicar un
pequeno esforzo en preparar á nova persoa que se encargue, p.ex. facerlle a
investigación inicial máis levadeira.

Eu axudarei a persoa que queira tomar a coordinación no que sei. O que non
podo asumir é investigar como funciona o novo sistema, se o deixo é porque
estou canso e non teño tempo. Nestes momentos outros proxectos consumen o
meu tempo. O meu gran problema é a comunicación en inglés para facerme
entender coa xente de Mozilla. Traducir xa non estou traducindo, e non sei
se seguirei traducindo. O que colla o relevo seguro que terá que por ao día
as traducións. Se todos lembrades, miña actuación en Mozilla non ía ter que
ver coa tradución, e finalmente acabei traducindo, xa que a persoa que o ía
facer desapareceu da escena e tiven que cargar co proxecto.


Coido que todos estamos até arriba co que cómpre buscar persoas. Para iso
é necesario publicar no web algo como "A tradución de Mozilla en perigo" e
que teña a máxima repercusión os medios. Desta forma algunha persoa
interesada chegar a axudar.


Me parece unha moi boa idea. Supoño que máis dunha persoa se animará,
entres eles Ifrit e Manuel Souto, que algo comentaron non fai moito tempo
nun correo, penso que na lista de mozdev.

Eu axudareille a persoa que queira tomar o relevo, a diferencia do que
pasou no meu caso, que tiven que buscarme a vida.

Saúdos.

Deica

Leandro, grazas polo resumo.

Sen dúbida, eu tiraría polo Pootle isto reduciría o traballo de xestión de ficheiros, compilación e demais. Por outra parte o programa de Aurora de Mozilla fai compilacións cada semana dos proxectos co que os tradutores non terían que compilar o programa.

O esforzo que fixen eu é realmente minimizar o traballo colateral de comprobación de nova cadeas, sincronización de repositorios, etc. Avancei moito neste sentido xa axude en GNOME para implementar un servizo web onde podo consultar que modulos teñen cadeas sen traducir e polo tanto o meu fluxo de traballo é simplemente lanzar un aplicativo feito por min que sincroniza os proxectos que precisan traballo, abreme a ferramenta CAT co ficheiro en cuestión, eu traduzo, e en canto remato a tradución, fai comprobación técnica das traducións e súbeme ditas traducións. Como podedes ver o meu fluxo de traballo redúcese a traducir, e esquézome do resto.

Voltando a Mozilla, salientaría que dado o actual esquema de traballo é imposíbel que unha persoa leve tantos proxectos. Falo especificamente de que se o equipo Galego de Mozilla non conta con recursos humanos para levar 8 módulos (Firefox, Thunderbird, Sunbird, Mobil, Webs, ...) debería plantexarse seriamente deixar algún deles e quedarse cos máis importantes. Actualmente os que máis base de usuarios teñen son Firefox e Thunderbird. Co que eu centraría os esforzos nestes.

Saúdos

--
Fran Dieguez
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a