2013/6/12 mvillarino <mvillar...@kde-espana.es>:
> EN 60300 UNE-EN 13306

Norma UNE-EN 13306:2011
Título español Mantenimiento. Terminología del mantenimiento.

Esta norma europea especifica los términos genéricos y las
definiciones para las áreas técnicas, administrativas y de
gestión del mantenimiento. Esta norma puede no ser aplicable a los
términos que se utilizan únicamente para el
mantenimiento de software.


Por outro lado, desde a terminoloxía xurídico-administrativa, coa que
está directamente relacionada, tamén hai a súa complicación con iso de
facer fe en/de/con algo

- fiabilidade - fidedigno - indubitable - irrefutable
- aseguramento

Creo que non se pode facer unha extensión á lingua común destes
valores porque aí é onde xorde a confusión:
«Confío nesa máquina, é un sistema fiable», non significa o mesmo en
lingua común que en lingua técnica.

Un sistema pode ser fiable cando funciona ben, xa que ofrece
resultados axustados ao seu propósito pero iso non nos di nada sobre
se ese sistema está ou estará dispoñíble cando o necesitemos, é dicir,
pode ser fiable e non ser confiable á vez.

En software creo que os tiros tamén irán por aí: un servizo de correo
ou de sinatura electrónica poder ser fiable pola súa tecnoloxía,
seguranza ou por algunha outra característica pero para ser confiable
falta o aseguramento sobre a súa obsolescencia, dispoñibilidade
temporal, independencia do produto e capacidade de soster un segredo.
Está claro que é algo moito máis amplo e concreto así que é normal que
non se acepte unha palabra tan laxa como "fiable".

Nunha sistema de sinatura electrónica xuntaranse 3 mundos para ese
servizo: o de mantemento de máquinas, o de desenvolvemento de software
e o xurídico...
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a