2013/6/12 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> 2013/6/12 mvillarino <mvillar...@kde-espana.es>:
>> EN 60300 UNE-EN 13306
>
> Norma UNE-EN 13306:2011

No entanto que non cinxamos ao ámbito técnico, tamén cumpre citar a PT
EN 13306:2011, que ten os mesmos termos en PT.
Xa que logo, cando falemos de que xuntamos a enxeñeiros con
tradutores, buscarlle as cochichas a termos tan estabelecidos pois é
como meterse un tiro no pé (aínda que a miña opinión padece de
deformación profisional).

> Esta norma puede no ser aplicable a los
> términos que se utilizan únicamente para el
> mantenimiento de software.

OK

> Un sistema pode ser fiable cando funciona ben, xa que ofrece
> resultados axustados ao seu propósito

Estás a mesturar conceptos: que unha máquina traballe cando se lle
pida non implica que sirva para facer algo. O meu turismo non é unha
furgoneta de reparto.
Máis ben estás a falar do que eu entendo por eficiencia, eficacia,
efectividade e <salaio/> produtividade.

> En software creo que os tiros tamén irán por aí: un servizo de correo
> ou de sinatura electrónica poder ser fiable pola súa tecnoloxía,
> seguranza ou por algunha outra característica pero para ser confiable
> falta o aseguramento sobre a súa obsolescencia, dispoñibilidade
> temporal, independencia do produto e capacidade de soster un segredo.
> Está claro que é algo moito máis amplo e concreto así que é normal que
> non se acepte unha palabra tan laxa como "fiable".
>
> Nunha sistema de sinatura electrónica xuntaranse 3 mundos para ese
> servizo: o de mantemento de máquinas, o de desenvolvemento de software
> e o xurídico...

O software non se acaba nos pc de sobremesa. Tamén hai que falar dun
software que está moi ligado a máquinas físicas: os PLC. Nestes é
sinxelísimo distinguir onde acaba o software e onde empeza o
equipamento de proceso (nos relés, claro está)... pero como haxa que
usar un mesmo significante con dous significados tan diferentes e
apareza un problema xusto aí, no léxico...
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a