aplicativo? que orixe ten?



Aplicativo é un adxectivo derivado de "aplicación" no sentido de <<Acción e
efecto de aplicar>> como norma-> (de norma) normativo, ou facultade-(de
facultade) facultativo, repetición -> (de repetición) repetitivo,
distinción -> (de distinción) distintivo

É certo que non son frecuentes os adxectivos en -ivo/-iva, pero os falantes
usan este recurso, asociado sempre a termos cultos, latinismos ou técnicos,
cando se poden producir ambigüidades cos derivados máis frecuentes:
norma-normal, facultade-facultado, repetición-repetido,
distinción-distinto-distinguid
o...

Por iso o uso de sufixos (como -ivo/a, ativo/a, -itivo/a) non é nada
sistemático na lingua e depende en realidade dos casos. Non teño ningunha
gramática á man para darche mellor explicación.

Neste caso eu penso que provén da redución da frase
   "Application software" = software aplicado (de aplicación para/para
aplicarse a)...

e ten que ver coa seguinte distinción de tipos de software na ciencia
computacional:

operating system/aplication e integrated software/utility/language
programming

Por iso, porque "aplication software" fala dunha tipoloxía e non dun
programa concreto e aínda que choque co uso castelán, parece máis regular a
tradución "aplicativo" que "aplicación".


2013/6/14 Antón Méixome <cert...@certima.net>

> 2013/6/14 mvillarino <mvillar...@kde-espana.es>:
> >> Neste caso, eu concordo e está claro quen moitísima transcendencia
> >
> > A min pásame o mesmo para http://tinyurl.com/kt3cbj2
>
> Certamente
>
> :->
>
>
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 
Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a