Non estou de acordo.

O uso de "aplicativo" na localización de software ao galego ten una
orixe moi concreta: o mancomún orixinal.
Antes daquela, unha "application" era, en todo o software por min
coñecido, ou un "programa", ou unha "aplicación".
Pero daquela decidiuse usar como referencia o pt_BR. E en Brasil polo
visto o termo "aplicativo".
Até onde teño memoria, nas traducións ao pt_PT do KDE 3 non se usaba
tal vocábulo, senón "aplicaçao".
Aliás, con independencia de que:
-Iso sexa normativo,
-iso sexa facultativo,
-iso sexa distintivo,
-eu sexa repetitivo
- teñamos collendo o adxectivo como substantivo


os feitos son que:
-o fundamento de "aplicativo" está collido polos pelos
-ven para substituír unha palabra enraizada e usada na veciñanza
xeográfica e cultural (aplicación)
-un os criterios fundamentais á hora de escoller unha palabra para
traducir un termo é que sexa aceptábel ou implantábel socialmente,
-non é usada máis que polos iniciados

...penso que convén revisar esta decisión terminolóxica.

e deixo xa o tema (por un tempo)

2013/6/14, Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
> aplicativo? que orixe ten?
>
>
>
>
> Aplicativo é un adxectivo derivado de "aplicación" no sentido de <<Acción e
> efecto de aplicar>> como norma-> (de norma) normativo, ou facultade-(de
> facultade) facultativo, repetición -> (de repetición) repetitivo,
> distinción -> (de distinción) distintivo
>
> É certo que non son frecuentes os adxectivos en -ivo/-iva, pero os falantes
> usan este recurso, asociado sempre a termos cultos, latinismos ou técnicos,
> cando se poden producir ambigüidades cos derivados máis frecuentes:
> norma-normal, facultade-facultado, repetición-repetido,
> distinción-distinto-distinguid
> o...
>
> Por iso o uso de sufixos (como -ivo/a, ativo/a, -itivo/a) non é nada
> sistemático na lingua e depende en realidade dos casos. Non teño ningunha
> gramática á man para darche mellor explicación.
>
> Neste caso eu penso que provén da redución da frase
>    "Application software" = software aplicado (de aplicación para/para
> aplicarse a)...
>
> e ten que ver coa seguinte distinción de tipos de software na ciencia
> computacional:
>
> operating system/aplication e integrated software/utility/language
> programming
>
> Por iso, porque "aplication software" fala dunha tipoloxía e non dun
> programa concreto e aínda que choque co uso castelán, parece máis regular a
> tradución "aplicativo" que "aplicación".
>
>
> 2013/6/14 Antón Méixome <cert...@certima.net>
>
>> 2013/6/14 mvillarino <mvillar...@kde-espana.es>:
>> >> Neste caso, eu concordo e está claro quen moitísima transcendencia
>> >
>> > A min pásame o mesmo para http://tinyurl.com/kt3cbj2
>>
>> Certamente
>>
>> :->
>>
>>
>> > _______________________________________________
>> > Proxecto mailing list
>> > Proxecto@trasno.net
>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
>
>
> --
> Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
> http://galpon.org
> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a