Vaia patada a que levei…

        • PoEdit pónseme ao 100% de procesador cando intento abrir un cartafol, 
tanto en Kubuntu como en Chakra.
        • Virtaal e Gtranslator, corrixídeme se me equivoco, non teñen concepto 
de proxecto, traballan con ficheiros PO individuais.

Definitivamente agradecería calquera suxestión sobre software que coñezades que 
me poida dar ideas sobre o mellor modo de fornecer flexibilidade á hora de 
indicar onde están os ficheiros POT e PO dun proxecto que ten varios, e de 
asociar correctamente cada POT co seu PO, e adiviñar a ruta dun PO coñecido o 
POT (que Lokalize xa o fai, a pesar das súas limitacións en cuestión de 
flexibilidade).

O Luns, 17 de Xuño de 2013 20:41:51 Adrián Chaves Fernández escribiu:
> Por “proxecto” refírome á noción de saber o programa onde están os modelos 
> (POT) e onde os ficheiros de tradución (PO). Lokalize ten esta funcionalidade 
> definida de xeito que ti indicas un cartafol con uns, outro cos outros, e el 
> xa se apaña. Isto está ben se traduces KDE, pois é o modelo que sigue. Pero 
> non vale para proxectos nos que por exemplo o POT e o PO están no mesmo 
> cartafol.
> 
> Quero intentar estender Lokalize para permitir definir estruturas de 
> proxectos distintas da de KDE, é dicir, estender a forma coa que se indica 
> onde van os PO e onde os POT. E o primeiro paso é ver como fan outros. De 
> momento vou botar unha ollada ao que fan estes:
> 
>       • PoEdit
>       • Virtaal
>       • Gtranslator
>       • Transifex (o cliente para desenvolvedores ten algúns destes conceptos 
> de definir onde van os PO e onde os POT, así que vou botar unha ollada)
> 
> Sabedes dalgún outro programa (de calquera tipo) que conte cun sistema para 
> definir onde van os PO e onde os POT de un proxecto?
> 
> PS: Se algún dos mencionados non permite definir proxectos, non vos 
> molestedes en avisarme, xa me darei a patada pero polo menos lles botarei un 
> ollo :)
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a