2013/6/17 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
> Vaia patada a que levei…
>
>         • PoEdit pónseme ao 100% de procesador cando intento abrir un 
> cartafol, tanto en Kubuntu como en Chakra.
>         • Virtaal e Gtranslator, corrixídeme se me equivoco, non teñen 
> concepto de proxecto, traballan con ficheiros PO individuais.

Virtaal traballa con ficheiros a pelo.

Mira tamén o OmegaT a ver que é capaz de facer.

Sen lembrar moi ben eu case diría que ningún programa ten o concepto
de proxecto tal como o emprega Lokalize (deixando fóra Lokalize,
claro).

Deica

> Definitivamente agradecería calquera suxestión sobre software que coñezades 
> que me poida dar ideas sobre o mellor modo de fornecer flexibilidade á hora 
> de indicar onde están os ficheiros POT e PO dun proxecto que ten varios, e de 
> asociar correctamente cada POT co seu PO, e adiviñar a ruta dun PO coñecido o 
> POT (que Lokalize xa o fai, a pesar das súas limitacións en cuestión de 
> flexibilidade).
>
> O Luns, 17 de Xuño de 2013 20:41:51 Adrián Chaves Fernández escribiu:
>> Por “proxecto” refírome á noción de saber o programa onde están os modelos 
>> (POT) e onde os ficheiros de tradución (PO). Lokalize ten esta 
>> funcionalidade definida de xeito que ti indicas un cartafol con uns, outro 
>> cos outros, e el xa se apaña. Isto está ben se traduces KDE, pois é o modelo 
>> que sigue. Pero non vale para proxectos nos que por exemplo o POT e o PO 
>> están no mesmo cartafol.
>>
>> Quero intentar estender Lokalize para permitir definir estruturas de 
>> proxectos distintas da de KDE, é dicir, estender a forma coa que se indica 
>> onde van os PO e onde os POT. E o primeiro paso é ver como fan outros. De 
>> momento vou botar unha ollada ao que fan estes:
>>
>>       • PoEdit
>>       • Virtaal
>>       • Gtranslator
>>       • Transifex (o cliente para desenvolvedores ten algúns destes 
>> conceptos de definir onde van os PO e onde os POT, así que vou botar unha 
>> ollada)
>>
>> Sabedes dalgún outro programa (de calquera tipo) que conte cun sistema para 
>> definir onde van os PO e onde os POT de un proxecto?
>>
>> PS: Se algún dos mencionados non permite definir proxectos, non vos 
>> molestedes en avisarme, xa me darei a patada pero polo menos lles botarei un 
>> ollo :)
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a