Moitísimas grazas.

Verei se podo atopar algún manual ou captura de pantalla de KBabel, aínda que 
xa teño máis ou menos claro como facelo: 
http://img849.imageshack.us/img849/2079/gqc.png (cada unha das dúas seccións só 
se amosarían ao escoller o valor correspondente na lista despregable).

Polo menos agora xa teño un informe ao que asociar o parche cando o teña.

O Luns, 17 de Xuño de 2013 23:33:46 mvillarino escribiu:
> Kbabel.
> 
> Facía isto, pero ao facer a versión baseada nas kdelibs 4 non se lle
> puxo a posibilidade de ter proxectos baseados na estrutura de
> directorios gnu (non sei se me recordo de que se lle chamase así) (non
> sei se me recordo de usalo para traducir o kmymoney cando estaba
> aloxado en sf)
> 
> Por que non se lle puxo isto ao kaider? Pois non o sei, de feito hai
> no bugzilla un RFE que pide o mesmo que pensas facer (76495).
> 
> > Por “proxecto” refírome á noción de saber o programa onde están os modelos
> > (POT) e onde os ficheiros de tradución (PO). Lokalize ten esta
> > funcionalidade definida de xeito que ti indicas un cartafol con uns, outro
> > cos outros, e el xa se apaña. Isto está ben se traduces KDE, pois é o modelo
> > que sigue. Pero non vale para proxectos nos que por exemplo o POT e o PO
> > están no mesmo cartafol.
> >
> > Quero intentar estender Lokalize para permitir definir estruturas de
> > proxectos distintas da de KDE, é dicir, estender a forma coa que se indica
> > onde van os PO e onde os POT.
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> 
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a