O Domingo, 25 de Agosto de 2013 13:37:14 Alba G. Fuentes escribiu:
> Gustaríame axudar á localización ao galego de todo o software posible,
> porque son a primeira que desexa ter os seus programas en galego e,
> ademais, creo que o software libre é unha das grandes cousas destes últimos
> tempos, algo que fai que a internet gañe moito en igualdade.
> 
> Que me gustaría localizar? Calquera cousa. Todo me gusta, todo me chama.
> Son amante dos videoxogos e de todo o referido á informática, así que estou
> disposta a intentalo co que me boten.

A iniciativa é mellor que saia de ti respecto a que traducir, así o collerás 
con máis ánimo. Ademais, se traduces un programa que coñeces sempre é máis 
difícil meter a zoca :)

Que programas de software libre adoitas empregar? Pensa preferiblemente en 
programas de pouca complexidade, é mellor ir de menos a máis que de máis a 
menos (incluso aínda que teñas experiencia traducindo outro tipo de recursos).
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a