Bos días, chámome Nuria e acabo de suscribirme á lista de correo do
Proxecto Trasno. Son estudante do Máster de Tradución Multimedia da
Universidade de Vigo e escollín esta comunidade para facer as prácticas
porque combina dous temas nos que estou moi interesada: por unha banda a
normalización da lingua galega e por outra, a promocion do software libre,
aínda que nesta parte aínda me queda moitísimo por aprender.

Vou comezar coa tradución do programa Aegisub (http://www.aegisub.org), de
creación de subtítulos. É o meu primeiro proxecto real deste tipo, polo que
seguramente atoparei algunha dificultade, pero teño moito interese por que
saia ben e a intencion de seguir colaborando no proxecto unha vez rematado
o máster.

Unha aperta
Nuria Andión
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a