Persoalmente, eu estarei encantado de axudarche.
Primeiro por proximidade, tres membros de Trasno «circulamos» pola UVigo,
en concretamente polo «Newton».
E, en segundo lugar, porque pola miña anterior profesión estou afeito aos
termos que se mañexan no mundo da imaxe.

De todos as formas ... calquera dúbida non teñas reparos en consultala
nesta lista, ninguén naceu sabido, por moi parvas que poidan parecer.


2013/9/3 Nuria Andión <nand...@gmail.com>

> Bos días, chámome Nuria e acabo de suscribirme á lista de correo do
> Proxecto Trasno. Son estudante do Máster de Tradución Multimedia da
> Universidade de Vigo e escollín esta comunidade para facer as prácticas
> porque combina dous temas nos que estou moi interesada: por unha banda a
> normalización da lingua galega e por outra, a promocion do software libre,
> aínda que nesta parte aínda me queda moitísimo por aprender.
>
> Vou comezar coa tradución do programa Aegisub (http://www.aegisub.org),
> de creación de subtítulos. É o meu primeiro proxecto real deste tipo, polo
> que seguramente atoparei algunha dificultade, pero teño moito interese por
> que saia ben e a intencion de seguir colaborando no proxecto unha vez
> rematado o máster.
>
> Unha aperta
> Nuria Andión
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>


-- 
Membro de «The Document Foundation Projects»
http://www.documentfoundation.org/foundation/members
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a