2013/9/14 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
> Paréceme perfecto :)
>
> O Sábado, 14 de Setembro de 2013 21:45:39 Xacobe Abel Fernández García 
> escribiu:
>> Xenial, se vos parece empezo polo OpenTTD. Os primeiros pasos (Programas a
>> usar e estas cousas), chos pregunto a ti Adrián? E así non saturo a lista
>> con estes roios.

Creo que non é problema que as cousas se pregunten pola lista.

O OpenTTD está case totalmente traducido
http://translator.openttd.org/en/status aínda que polo que lembro ás
traducións non lles sobraba unha revisión a fondo.

Usan un tradutor web propio porque empregan un formato raro para as
traducións. Unha vez contactara con eles para que empregaran Gettext
ou outro formato máis empregado pero non tiven éxito.


>> Unha cousa que me gustaría facer no OpenTTD é un listado de poblacións
>> galegas para poñerlle nomes ás cidades.
>>
>> Xa falamos. Unha aperta
>>
>> > Message: 1
>> > Date: Fri, 13 Sep 2013 13:02:02 +0200
>> > From: Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>
>> > To: Trasno - Lista <proxecto@trasno.net>
>> > Subject: Re: Presentación
>> > Message-ID:
>> >         <
>> > cafqjjm_032_l4naw-z8y2clus7u30pr0ys7i_wd7wrusfoo...@mail.gmail.com>
>> > Content-Type: text/plain; charset="utf-8"
>> >
>> > Moi boas Xacobe, alégrome de que te animases a volver a traducir.
>> >
>> > Se o que che interesan son os xogos, bótalle un ollo a
>> > http://www.trasno.net/xogos/ . O OpenTTD, ata onde eu sei, non o está a
>> > traducir ninguén nestes momentos, polo que sería un bo candidato. No que
>> > respecta ao Wesnoth, a tradución dos módulos oficiais vai ben, pero como xa
>> > saberás hai unha morea de contino non oficial que tamén se pode traducir e
>> > que melloraría moito a experiencia para usuarios galegofalantes.
>> >
>> > Un saúdo!
>> >
>> >
>> > 2013/9/13 Xacobe <xakob...@gmail.com>
>> >
>> > > Boas
>> > >
>> > > Chámome Xacobe. Sempre me interesou o SL. Hai cousa de moitos anos
>> > > empezara co wesnoth (coido q fixera unha escanechina xa q non o dera
>> > > acabado)  sei q o colléstedes vos e fixéstedes moi bo curro. Noraboa.
>> > >
>> > > Agora, x motivos laborais teño q practicar imglés e esta paréceme unha
>> > boa
>> > > forma. Obviamente prefiro traducir xogos e textos mais literarios q
>> > > manuais, pero tamén estou disposto.
>> > >
>> > > Uso debian pero aínda non actualicei á última versión. Os meus xogos
>> > > favoritos: Wesnoth e OPENTTD.
>> > >
>> > > Así que para o q precisedes.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a