Outro que se encaixa o tanto, de feito era o que mais natural sonaba.

Hai algun documento con dita regra ao que podamos referirnos?
On 18 Sep 2013 19:34, "Leandro Regueiro" <leandro.regue...@gmail.com> wrote:

> 2013/9/18 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
> > Eu tiven un tempo que usaba "permer en" sempre, así que debe haber unha
> boa
> > parte deses pola miña culpa. Ultimamente xa o uso como transitivo, salvo
> > casos como os que mencionas de "premer en algures".
> >
> >
> > 2013/9/18 Xosé <xoseca...@gmail.com>
> >>
> >> Non, non, atópoo por todas partes. Eu tamén son de "calcar".
> >>
> >> Xosé
> >>
> >>
> >> 2013/9/18 mvillarino <mvillar...@kde-espana.es>
> >>>
> >>> Si, bueno, supoño que fun eu (polo de «icona»).
> >>>
> >>> Á maneira de desculpa, pois só poido dicir que non me coincidiu vivir
> >>> onde se dixese "premer", para min sempre foi "calcar" (sen a
> >>> connotación de ter que usar o pé para facelo).
> >>>
> >>> 2013/9/18 Xosé <xoseca...@gmail.com>:
> >>> > No DRAG "premer" é sempre transitivo, o que indica que vai
> >>> > necesariamente
> >>> > seguido dun obxecto directo; un obxecto directo, en xeral, non pode
> >>> > comezar
> >>> > por preposición. En consecuencia, debemos dicir "Prema o botón do
> >>> > timbre" e
> >>> > non *"Prema no botón". "Premer" tamén ten un uso absoluto (isto é,
> >>> > omitindo
> >>> > o obxecto por ser obvio), polo que é posíbel dicir "Prema nunha
> >>> > cela/nun
> >>> > espazo baleiro".
> >>> >
> >>> > Digo isto porque estou atopando moitos "Prema na icona" que, segundo
> >>> > isto, é
> >>> > incorrecto e debería ser "Prema a icona".
> >>> >
> >>> > Xosé
>
> Moitas grazas por comentalo. Resulta que eu tamén estiven facéndoo
> mal. Agora xa me podo autocorrixir.
>
> Deica
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a