Creo que poder ser momento de fixar a solución para este termo porque
temos lixeiras variantes. Supoño que hai que facer unha mestura de
criterios para non alonxarse demasiado do orixinal para poder ser
precisos e non entrar en confusión con outros conceptos como zona,
área, cartafol, etc.

Propoño

caixa protexida

Outros

- caixa de area
- caixa/zona asegurada
- zona de probas
- illa
- sandbox (neste caso tanto interpretado como masculino e femenino)

Se vos parece, propoñede máis solucións, documentación ou argumentos e
logo decidimos.

Un saúdo,

Antón
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a