2013/9/24 Fran Dieguez <fran.dieg...@mabishu.com>:
> On mar 24 sep 2013 15:30:35 CEST, Fran Dieguez wrote:
>>
>> On 24/09/13 13:23, Leandro Regueiro wrote:
>>
>>> Parece que ultimamente a moda é facer ferramentas de liña de ordes que
>>> se integren coa API de ferramentas de tradución (ou algo polo estilo)
>>> web.
>>
>>
>> Eu levo usando/creando ferramentas deste tipo durante algún tempo.
>> Alédome que máis xente as cree, sobre todo se son útiles para
>> automatizar tarefas repetitivas.
>>
>> Estas ferramentas son unha "resposta" á negativa de GNOME a usar
>> Transifex ou algunha ferramenta que se centre na tradución do software
>> e non o traballo e xestión de repositorios. Polo que comentei
>> anteriormente suxe dunha necesidade.
>>
>>> Isto requerirá moita maxia negra, creo eu.
>>
>> +1
>>
>>> Falando do Trobador, Fran poñémonos a ver se lle damos un chisco máis
>>> para adiante? Por exemplo gustaríame traballar na parte de que
>>> Trobador devolva todos os resultados de golpe para unha busca dada e
>>> despois con JavaScript permitir especificar traducións e ir filtrando
>>> e contando as coincidencias. Eu podo ocuparme do JavaScript para isto.
>>> Ademais cómpre mellorar a parte na que se permiten subir TMXs a chuzo
>>> e crear automaticamente proxectos e versións.
>>>
>>> Envío de novo o documento coas cousas que habería que arranxar, aínda
>>> que con dúas ou tres xa me vou conformando:
>>>
>>> https://docs.google.com/document/d/18TPnwhV6ngOtFU2e8ilgH6hUS9b27W6TRC83px4Eu5Y/edit
>>>
>>
>> Trobador, precisa de moito traballo incluso dunha rescrita completa
>> para a súa optimización e estensibilidade. Tenho dous meses algo
>> atarefados pero logo diso podemos revisitar o proxecto e darlle un bo
>> empurrón.
>>
>> Saúdos
>
>
> Engadin unha nova orde
>
> The <info>tm:release</info> creates a translation memory for a given
> release.
>
> Downloads the tarball compendium for a given release set and part (default:
> ui),
> and creates the po and tmx compendiums.
>
> Asi que se queredes podo facervos un TMX para cada versión de GNOME (UI e
> docs) ao voo.

Unha pregunta, xera dous TMX (unha para UI e outro para docs) ou un
que combina todo?

Deica

> Saúdos
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a