2013/9/27 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
> isolar non existe, o que si existe é illar
>
>
> se non lembro mal eu teño empregado algo como área segura ou área illada...
> agora xa non lembro

Sempre que bato con estas cousas pregúntome cal é a diferencia
respecto dun chroot ou esas "xaulas" das que se falaba hai anos para
conter a escalada de privilexios ou desfeitas varias que podían
realizar determinados programas no sistema anfitrión. Basicamente
todos estes sistemas empregan unha especie de "área de traballo
virtual" limitada polo sistema anfitrión, non?

Deica

> 2013/9/24 damufo <dam...@gmail.com>
>>
>> zona/caixa illada?
>> que pode ser usada para probar, dar seguridade...
>>
>> Se non me erro tamén se usa en mozilla para as extensións que están en
>> probas.
>>
>> En 19/09/2013 23:14, Antón Méixome escribiu:
>>
>>> Creo que poder ser momento de fixar a solución para este termo porque
>>> temos lixeiras variantes. Supoño que hai que facer unha mestura de
>>> criterios para non alonxarse demasiado do orixinal para poder ser
>>> precisos e non entrar en confusión con outros conceptos como zona,
>>> área, cartafol, etc.
>>>
>>> Propoño
>>>
>>> caixa protexida
>>>
>>> Outros
>>>
>>> - caixa de area
>>> - caixa/zona asegurada
>>> - zona de probas
>>> - illa
>>> - sandbox (neste caso tanto interpretado como masculino e femenino)
>>>
>>> Se vos parece, propoñede máis solucións, documentación ou argumentos e
>>> logo decidimos.
>>>
>>> Un saúdo,
>>>
>>> Antón
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
>
>
> --
> Membro de «The Document Foundation Projects»
> http://www.documentfoundation.org/foundation/members
> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
> http://galpon.org
> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a