Boas. A tradución ao galego da versión 3.0 da CC foi realizada pola OSL da USC. Eu conservo os html en galego e castelán, pero debería haber copia do traballo no material que dita OSL entregou tanto os responsabeis da ATIC da USC como os responsábeis que levaron o seguimento do convenio entre a administración e a USC.
Esa tradución, se non lembro mal fora revisada polo SNL da USC. Ademais, se non lembro mal, a tradución fora unha petición expresa do responsable das licenzas CC en España, que se puxera en contacto coa OSL. A transliteración das licenzas CC do inglés ao castelán fora levada por expertos e adaptada ao noso sistema legal. A tradución ao galego fíxose desde a versión en castelán. Non é o normal pero neste caso non queda outra. Saúdos. 2014-03-11 19:35 GMT+01:00 Miguel Bouzada <[email protected]>: > Na miña modesta opinión, este tipo de traducións deben ser feitas por > xuristas e avaliadas pola administración. Polo menos a primeira parte :-) > > > 2014-03-11 14:57 GMT+01:00 Asoc. de Usuarios de Software Libre de Melide < > [email protected]>: > >> Ola boa tarde, >> >> agora mesmo non recordo se había algún traballo comezado para traducir as >> novas licenzas CC, que está na súa versión 4.0. >> >> http://creativecommons.org/licenses/by-sa/4.0/ >> >> O caso é que falando coa xente do SNL da USC, comentamos que estaría ben >> poder dispoñer de ditas licenzas traducidas ao galego. Polo menos na súa >> versión para humanos. >> >> En todo caso, se non houbera ningún voluntario, dende o SNL amosaron a >> súa disposición para realizar dita tradución. >> >> Agardo as vosas respostas. >> >> -- >> >> Rafael Rodríguez >> Presidente de MeLiSA >> [email protected] >> http://webmelisa.es >> >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> >> > > > -- > Membro de «The Document Foundation Projects» > http://www.documentfoundation.org/foundation/members > Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» > http://galpon.org > Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net > Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > >
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

