Boas.

Xa fai un mes que se anunciou pero ata finais de mes non publicaron o
código en github.

A empresa Heartsome: http://www.heartsome.net/en-US/home.html

liberou este proxecto para a comunidade. Supoño que pechan ou que xa non
lles interesa o aplicativo. A min si que me interesa e voulle votar un
vistazo a ver se ten o que preciso para xestionar memorias de tradución.
Está programado en Java e se non fora moi complexo podería adaptar ou
programar as cousas que lle falten e que eu precise.

Pero bueno, supoño que surxirá comunidade ou algunha persoa que o manteña.
Xa hai algún fork en github. Eu xa fixen o meu fork e tamén o estou
descargando para ter o código a man.

https://github.com/heartsome/tmxeditor8

Supoño que pode ser interesante para facer unha tmx de todos os proxetos de
Trasno, que se podería afinar con todas as funcionalidades que ten o
programa e que ata agora non había unha forma intuitiva de facelo.

Saúdos.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a