Ola a todos:

Son Pablo Arias, novo por estes lares. O primeiro é felicitar e agradecer o
traballo que se leva realizado durante todo este tempo.

Escribo porque gustaríame colaborar coa tradución de Joomla ao galego.
Recentemente creamos o grupo de usuarios de Joomla de Vigo e tratarei de
que se lle dea un empurrón dende aquí, se a idea parece ben.

Lendo que na wiki non fai moito escribiuse (http://wiki.trasno.net/Joomla!):

Paquetes da versión 3.3 para o galego, trátase do aproveitamento do feito
mais non hai traducións novas salvo no paquete de instalación onde si se
actualizou e está traducido ó 100%. Este proxecto está na procura de alguén
que se faga cargo de continuar as traducións. Os paquetes coas traducións
podes descargarse directamente desde o Joomla! para unha instalación manual
podes descargarse de aquí: Paquetes de galego para Joomla! 3.3.

No seu momento coordinei a tradución á versión 1.5 na forxa de Mancomun: (
https://forxa.mancomun.org/projects/joomlagalego/).

Moitas gracias a todos e recibide un cordial saúdo

-- 
Pablo Arias
www.PabloArias.eu
<http://www.PabloArias.eu/?utm_source=EmailSignature&utm_medium=Email&utm_campaign=GmailSignature>
@PabloAriasRamos <https://twitter.com/PabloAriasRamos>
Tel: 653 997 319
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a