Ola.

Penso que "de primera clase" debería ser "de primeira clase".

Saúdos.

2014-09-18 14:00 GMT+02:00 Antón Méixome <cert...@certima.net>:

> Isto é o que vexo:
>
> (o que hai) > (o que deberia haber, e comentarios)
>
>
> 34236 > 34 236
> cambios feitos por aproximadamente 1140 persoas > cambios feitos por
> cando menos 1140 persoas
> mostraralle > amosaralle
> configuralas > configuralos (os puntos de acceso)
> navegación do sistema > navegación no sistema
> espazo de traballo > non era «área de traballo» ?
> destos xestos > destes xestos
> marco de traballo de xeolocalización > Será mellor «cadro de traballo»
> o cal mostraralle > que lle amosará
> tempo para a súa localización > o tempo dada a súa localización
> comprobar o tempo. > consultar o prognóstico
>
> --Isto está sen traducir--
> Personal File Sharing (WedDAV), Media Sharing (DLNA) and Screen
> Sharing (VNC) will now remember which network you want them to be
> active on, and Settings provides the ability to control which networks
> to share on. This provides an important privacy function, and prevents
> sharing content and services in public places (such as your local
> internet cafe).
>
> Contas en liña para Fotos > Contas en liña para fotos
> obtivo acceso > pode acceder
> Software de GNOME é Software libre: > O software de GNOME é software
> libre (creo que en realidade non hai ningunha marca "GNOME Software"
> senón software de "GNOME"
> recomendámoslle que agarde que > recomendámoslle que agarde os
> por unha Fundación > por unha fundación
> Estamos enfocados nunha experiencia de usuario excelente e unha
> internacionalización e accesibilidade de primera clase. > Estamos
> enfocados nunha experiencia de usuario excelente, nunha
> internacionalización e nunha accesibilidade de primera clase.
>
>
>
>
> Na páxina de xestos:
>
> Desprace os dedos cara a esquerda desde o borde dereito da pantalla.>
> a descrición do xesto é ao revés do que indica a ilustración !!
> borde > bordo
> Manteña dous dedos na pantalla mentres toca cun terceiro. > Outra vez
> non coincide a ilustración, aparecen máis dedos
> Sobre > Aínda que en inglés diga só "About", en galego queda raro
> neste contexto. Mellor : Máis sobre esta páxina
>
> Na páxina de novas características
>
> Software continúa mellorando > O software continúa mellorando
> con unha distribución mellorada > cunha distribución mellorada
> Ademáis > Ademais
>
> «spinners» > (Entre trocadeiros e spinners... é confuso)
>
> Refírese a isto
>
> http://en.wikipedia.org/wiki/Spinner_%28computing%29, que poderiamos
> dicir "botón de graduación numérica ou botón numérico"
>
> Ou ás animacións de espera en forma de ruleta ou frecha que vira sobre
> si mesma que indica o gráfico da páxina?
>
> controles.> controis
> continuaron a súa modernización para esta publicación > continuaron a
> súa modernización nesta publicación
> con unha > cunha
> anclaxe. > ancoraxe
> con un > cun
> incluíndo > ademais de
> prodúcese no lugar, no lugar de  > prodúcese no punto en que se
> require, en vez de
>
>
> Na páxina de internacionalización
>
> teñen soporte parcial > están dispoñíbeis parcialmente
>
> Na páxina para desenvolvedores
>
> e o examinado > e o exame
> widgets > trebellos, non?
> poden ver e editarse > pódense ver e editar
> preferencias de tema e fontes > preferencias de tema e tipos de letra
> con unha > cunha
> con un > cun
> na ruta para completa adopción > no camiño cara á completa adopción
> caixas de verificación > caixas de comprobación
> Animámos aos > Animamos os
> deslizar > desprazar
> pelizcar > beliscar
> por omisión > (de modo) predeterminado
> rempraza > reempraza
> Para engadir soporte a este movemento > Para permitir este movemento
> rescrito > reescrito
> mantíbel > sustentábel
> de outras > doutras
> widget > trebello
>
>
> Finalmente, non podo dicir que sexa incorrecto pero non me convence
> "publicacións" para "releases". Prefiro "edicións" por analoxía co
> mundo editorial ou o mundo educativo ou cultural. Unha actualización,
> unha versión é unha nova edición dunha publicación, festival, curso,
> etc. : por exemplo, Décima edición da publicación de Xerais do Sempre
> en Galiza. Tamén é certo que "publicación" se utiliza para traducir
> "post" por outra parte.
>
> Saúdos,
>
> Noraboa ao equipo por certo, xa nos veremos no Encontro, non?
>
> O 18 setembro 2014 11:51, Xabier Villar <xabier.vil...@gmail.com>
> escribiu:
> > Tou parvo, desculpade :( Acabo de velo
> >
> > El 18/09/2014 11:50, "Xabier Villar" <xabier.vil...@gmail.com> escribió:
> >
> >> Pois a primeira: pideme usuario e contrasinal para entrar :P
> >>
> >> El 18/09/2014 11:46, "Fran Dieguez" <fran.dieg...@mabishu.com>
> escribió:
> >>>
> >>> Ola a todos,
> >>>
> >>> se tedes a ben visitade a seguinte ligazón para ollar as notas de
> >>> publicación de GNOME 3.14 en galego.
> >>>
> >>> https://help.gnome.org/misc/release-notes/3.14/index.html.gl
> >>> Usuario: gnome
> >>> Pass: 3.14
> >>>
> >>> Agradecería calquera reporte de erro ou suxestión de mellora.
> >>>
> >>> Saúdos e grazas
> >>> _______________________________________________
> >>> Proxecto mailing list
> >>> Proxecto@trasno.net
> >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> >
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a