O 12 xaneiro 2016 23:14, Enrique Estévez Fernández <e...@keko.me> escribiu: > Cando teña tempo probarei a ver se OmegaT carga eses ficheiros XML de > android. Se fora asi, tamen se poderia tentar xerar a TMX dende OmegaT.
Aproveitando o fío OmegaT si que le os xml deste tipo. Agora mesmo estaba facendo a proba cos de CyanogenMod e parece non ten problema con eles. Quería facer tamén a memoria de tradución de CyanogenMod 12.1 (=5.1 lollipop, de android) pero teño o problema que non sei de onde sacar os ficheiros orixinais de en-US. O problema reside en que na plataforma Crowdin podes descargar a tradución do galego pero non a orixinal (só existe en-UK e en-AU) e non vexo maneira. Mirei no Github Moitas grazas Leandro pola MT de android de Google. Xenial, que tampouco é nada evidente como o conseguiches. Sería estupendo poder quitar as dúas, comparar, reaproveitar e publicalas. _______________________________________________ proxecto mailing list proxecto@trasno.net http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto