Suso Baleato escribiu:
Boas,
Hoxe entérome de que traducín Ubuntu; igual mañá esperto descubrindo
que traducín tamén o Windows Vista... en fin.
Para que non haxa dúbida nengunha: confirmar que o tema Ubuntu eu nin o
mencionei na entrevista que me fixeron, alén de que eu sempre recoñezo
explícitamente as contribucións a quen as fai, e para mostra un botón da
última:
http://www.openoffice.org/issues/show_bug.cgi?id=106392
Desde logo queda claro que o aspecto da comunicación é algo que temos que
mellorar nos proxectos de software libre; se estas cousas pasan con Ubuntu,
que é coñecido, non quero imaxinar o que pode pasar coas ducias de pequenos
proxectos que hai por ahí... tamén queda claro que hai determinadas personas
dispostas a intoxicar difundindo mentiras e bulos e como este: ese tipo de
actitudes destructivas só sirven para crear confusión e dividir á comunidade.
Alá cada quen coa súa conciencia e co seu karma; pero que ninguén pretenda
facerme responsabel do que escreba un xornalista sobre min ou sobre os
proxectos nos que eu colaboro, como é o caso de g11n.net.
Saúdos,
Quero engadir ao dito, e poñendo o contexto a esta manipulación:
A autoxestión e a independencia coa que nace G11n.net é un xeito de
asegurar a supervivencia da súa actividade, con independencia do que
fagan os gobernos, explica Suso Baleato. Aínda que prohibisen o
galego, o noso traballo seguiría existindo, é unha iniciativa privada.
A infraestrutura xa está montada e o traballo previo preservado. Agora
só queda que a comunidade de tradución faga uso desa plataforma que, á
súa vez, recabe o apoio de máis persoas voluntarias.
Infraestructura, señores, infraestructura. E autoxestión, e será o que
a xente quera. En base a unhas preguntas e respostas, A REDACCIÓN FANA
OS PERIODISTAS, NON OS ENTREVISTADOS.
Tamén din: Sorprendendeunos a falta de mobilización dos grupos de
tradución, asegura Prieto.
Aseguro (creredes ou non), de que mencionei como parte da reacción a
carta postal á secretaria xeral e a creación da asociación de Trasno.
Mais, novamente, a redacción fana os periodistas.
Mais:
Baleato considera que o papel de Mancomún no referente á tradución de
software xa é un peso morto, e que xa está cumprido.
Eu levo tempo dicindo o mesmo, pero con outras palabras: o PP non aposta
polo SwL, e moito menos polo galego; así que van deixar morrer mancomún
por inanición. E tamén dixen sempre que o mancomún de dentro de dous
anos, nada terá que ver co actual: non pasará de ser un web de novas.
Ese é o convencemento que nos levou a algunha xente a poñer en marcha
unha alternativa autoxestionada posta a disposición dos individuos e
colectivos que queran facer uso dela.
Quero indicar dúas cousas:
1) así é a forma máis rápida de conseguir que un tradutor se queime, e
xa que non somos moitos mellor non queimar a ninguén, que por
intervencións de certas persoas xa se nos foron antes tradutores
valiosos.
2) todos sabemos que os periodistas redactan, terxiversan e todo iso,
pero non creo que inventaran todo e tamén creo que o sacaron de
algures.
Ata logo,
Leandro Regueiro