[G11n] Revisión

2009-01-09 Conversa Méixome-Mancomún
mvillarino escribiu:
>
> Entón, a ver, que o que se perde agora son eu, tomando lista no
> sentido de lista que ten en LISP, isto é:
> ===EXEMPLO===
> 1 ducia de ovos,
> 1 caixa de leite,
> 1/2 kg de bistés (de cocho)
> 1 bote de líquido das lentillas
> 3 paquetes de madalenas leader price
> ...
> ===FIN DO EXEMPLO===
> cales das seguintes palabras son do seu mesmo campo: lista, listaxe,
> listado, listar, list... ?
>
>   

lista, listaxe, listar

É doado porque ten dous sentidos
lista = raia (de aí o adxectivo listado)
lista = relación (de aí os substantivos lista, listaxe)


>> Sabedes por certo que ademais de traxe, paxe e garaxe ... tamén balaxe é 
>> masculino.
>> 
>
> Aquí, e cando digo aquí quero dicir na casa dos pais, dise A balaxe,
> se nos estamos a referir a que o mar ten moitas ondas. Exactamente
> canto é dificil de dicir: algo menos de marexada, o grau xusto para
> que a non ser que haxa moita necesidade sexa mellor non sair ao mar.
>
> Non esquezamos unha das grandes verdades do noso tempo:
> En Galiza todo é paisaxe... menos paxe, traxe e garaxe.
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>   
Non sabía iso. Referíame a isto que vén no VOLG:

balaxe   m  
rubí



[G11n] Revisión

2009-01-09 Conversa mvillarino
2009/1/9 Antón Méixome :
> É certo que en galego se
> pronuncia <>. Non hai decisión normativa. Creo que debera acentuarse.
>
> inicialización >
>   é mellor que signifique "configurar/volver á posición inicial" e non
> arrancar/arrincar/lanzar/executar...
>
> volver/voltar >
>   ir e logo volver... non voltar (que significa "dar a volta" coma ás
> tortillas... hum!! son horas de xantar...)

Vale, é que iso de que non apareza no digalego, nen no volga, 

> limitado a un certo número de palabras, si, pero hai gustos para todo como a
> diferenciación que algúns fan entre "listado(acción ou efecto de
> listas)/listaxe(lista)" mais só é castelanismo utilizar "listado" no sentido
> de "relación" *o listado de asistentes/a lista de asistentes. Eu non vexo
> diferenza entre lista e listaxe.

Entón, a ver, que o que se perde agora son eu, tomando lista no
sentido de lista que ten en LISP, isto é:
===EXEMPLO===
1 ducia de ovos,
1 caixa de leite,
1/2 kg de bistés (de cocho)
1 bote de líquido das lentillas
3 paquetes de madalenas leader price
...
===FIN DO EXEMPLO===
cales das seguintes palabras son do seu mesmo campo: lista, listaxe,
listado, listar, list... ?

> Sabedes por certo que ademais de traxe, paxe e garaxe ... tamén balaxe é 
> masculino.

Aquí, e cando digo aquí quero dicir na casa dos pais, dise A balaxe,
se nos estamos a referir a que o mar ten moitas ondas. Exactamente
canto é dificil de dicir: algo menos de marexada, o grau xusto para
que a non ser que haxa moita necesidade sexa mellor non sair ao mar.

Non esquezamos unha das grandes verdades do noso tempo:
En Galiza todo é paisaxe... menos paxe, traxe e garaxe.


[G11n] Revisión

2009-01-09 Conversa Antón Méixome
mvillarino escribiu:
> *caché > cache [5]
>   
>>> Por que razón non leva til no final se ten o acento na última sílaba e
>>> remata en vogal?
>>>   
>> debería, por iso na nota [5] expresei as miñas reservas acerca desta
>> corrección. O corrector 'caché' non o colle pero si 'cache' e non vin en
>> ningún dicionario recollido 'caché' senón cache co que marcado coma
>> barbarismo. Iso si, a norma recolle que os barbarismos se acentúan (vd. a
>> norma para máis detalle, apartado. 2.6)
>> 
>
> Será o mesmo caso que elite?
>
>   
 *axir
 
>>> Que demo é isto?
>>>   
>> eu tampouco teño nin idea, que mo expliquen!!. creo que é un lusismo collido
>> de 'agir'
>> 
>
> Como xa dixen, axir é unha que se me pasou cando transliteraba desde o
> portugués, e significa reaccionar quimicamente, entre outras cousas.
>
>   
 *inicialización > inicio/arrinque [14]
 
>> vamos, que creo que o usuario lle dá igual que signifique en 'initilise' en
>> programación e cando arrinca un programa creo que prefire ver 'iniciar o
>> programa', pois iso é o que quere facer.
>> 
> , vale, pero debemos procurar un vocábulo para (/ ter coidado con)
> a acción de "devolver un programa á configuración predeterminada", e
> non empregar a palabra iniciar para cousas que queirar dicir comezar a
> facer algo.
>
>   
 *invertir > inverter
 
>>> Cando non é investir.
>>>   
>> non. iso é facer un investimento (ollo, e non ,cast., 'inversión'), de
>> investir.
>> 
> Si. cando aparece o castelanismo invertir*, pode ter que corrixirse
> tanto a inverter como a investir, segundo o significado orixinario no
> inglés.
>
>   
 *voltar > volver
 
>>> E voltar xa non se acepta??
>>>   
>> non
>> 
>
> Fagamos campaña a prol de voltar!
>
>   
>> *filtraxe > filtrado
>> 
> ou filtración?
>   
>>> Eu penso que mellor usar sempre filtración.
>>>   
>> home aquí igual Méixome nos pode ilustrar cos substantivos rematados en -axe,
>> pero penso que é un sufixo de uso --limitado-- no galego, a casos como
>> homenaxe, liñaxe, viaxe...
>> 
>
> @MEIXOME: que dis?
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>   

A ver, a miña opinión

cache ? >
en inglés non leva acento, obviamente. Nese sentido é parecido ao 
galicismo "elite", que é agudo orixinalmente. Os angliscismos adoitan 
incorporarse como palabras graves, non sempre. É certo que en galego se 
pronuncia <>. Non hai decisión normativa. Creo que debera acentuarse.

*axir >
é un lusismo. De agir "reaccionar, contestar"

inicialización >
é mellor que signifique "configurar/volver á posición inicial" e non 
arrancar/arrincar/lanzar/executar...

inverter/investir >
creo que me perdín... pero está claro que o inglés invest = 
investir; e invert = inverter, reverter

volver/voltar >
ir e logo volver... non voltar (que significa "dar a volta" coma ás 
tortillas... hum!! son horas de xantar...)

*filtraxe> 
a derivación natural como substantivo de filtrar é "filtración". 
Secundariamente o adxectivo "filtrado" tamén pode ser usado como 
substantivo. O de filtraxe, véxoo innecesario e incorrecto. Os 
substantivo en -axe adoitan ser palabras  antigas de orixe provenzal, 
limitado a un certo número de palabras, si, pero hai gustos para todo 
como a diferenciación que algúns fan entre "listado(acción ou efecto de 
listas)/listaxe(lista)" mais só é castelanismo utilizar "listado" no 
sentido de "relación" *o listado de asistentes/a lista de asistentes. Eu 
non vexo diferenza entre lista e listaxe. Sabedes por certo que ademais 
de traxe, paxe e garaxe ... tamén balaxe é masculino.

resumindo= filtración
:-)


Antón




-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867 // 881 999 113 

 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : meixome.vcf
Tipo   : text/x-vcard
Tamaño : 855 bytes
Descrición: non dispoñible
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090109/f41fdf27/attachment.vcf
 


[G11n] Revisión

2009-01-09 Conversa mvillarino
>>> > *caché > cache [5]
>>
>> Por que razón non leva til no final se ten o acento na última sílaba e
>> remata en vogal?
> debería, por iso na nota [5] expresei as miñas reservas acerca desta
> corrección. O corrector 'caché' non o colle pero si 'cache' e non vin en
> ningún dicionario recollido 'caché' senón cache co que marcado coma
> barbarismo. Iso si, a norma recolle que os barbarismos se acentúan (vd. a
> norma para máis detalle, apartado. 2.6)

Será o mesmo caso que elite?

>> > *axir
>> Que demo é isto?
> eu tampouco teño nin idea, que mo expliquen!!. creo que é un lusismo collido
> de 'agir'

Como xa dixen, axir é unha que se me pasou cando transliteraba desde o
portugués, e significa reaccionar quimicamente, entre outras cousas.

>> > *inicialización > inicio/arrinque [14]
> vamos, que creo que o usuario lle dá igual que signifique en 'initilise' en
> programación e cando arrinca un programa creo que prefire ver 'iniciar o
> programa', pois iso é o que quere facer.
, vale, pero debemos procurar un vocábulo para (/ ter coidado con)
a acción de "devolver un programa á configuración predeterminada", e
non empregar a palabra iniciar para cousas que queirar dicir comezar a
facer algo.

>> > *invertir > inverter
>> Cando non é investir.
> non. iso é facer un investimento (ollo, e non ,cast., 'inversión'), de
> investir.
Si. cando aparece o castelanismo invertir*, pode ter que corrixirse
tanto a inverter como a investir, segundo o significado orixinario no
inglés.

>> > *voltar > volver
>> E voltar xa non se acepta??
> non

Fagamos campaña a prol de voltar!

>> >>> *filtraxe > filtrado
>> >> ou filtración?
>> Eu penso que mellor usar sempre filtración.
>
> home aquí igual Méixome nos pode ilustrar cos substantivos rematados en -axe,
> pero penso que é un sufixo de uso --limitado-- no galego, a casos como
> homenaxe, liñaxe, viaxe...

@MEIXOME: que dis?