[G11n] boolean, bool

2009-06-24 Conversa damufo
Boas:

Leandro Regueiro escribiu:
 2009/6/23 Karl García Gestido karlggest en opengea.org:
 O Martes 23 Xuño 2009 12:18:22 Miguel Bouzada escribiu:
 É correcto en galego empregar o dobre o en retículas booleanas,
 números booleanos ou debe ser cunha soa o?

 E o plural booleano/as ou bo(o)leans?
 n - ns, supónse

 En canto ao dobre o... por que non? como palabra adoptada doutro idioma.
 
 Eu penso que o do dobre oo se debería manter. Pero estas cousas mellor
 que as discutan xente con coñecementos de lingüista.
 
 Ata logo,
   Leandro Regueiro

Eu penso que se debería coller o concepto e traducilo.



[G11n] boolean, bool

2009-06-24 Conversa Manuel Souto Pico
Ola,
Sería neoloxismo cando non viña en ningún dicionario, hoxe en día o digalego
recóllea como:  booleano -na
*1* ***adx* **Relativo ou pertencente a Georges Boole ou á súa álxebra.
*2adx* ***INFORM*** Aplícase ao sistema de busca de textos nun ordenador
ou nunha rede informática que emprega unha aplicación na que se combinan
termos como AND, OR e NOT.
Eu non entendo por que unha palabra que figura no dicionario debería xerar
dúbidas ou debate, a non ser que sexa un craso erro ou unha forma polémica
ou malsoante (p. ex. icona), mais penso que non é o caso :o)

Saúdos, Manuel


2009/6/23 Daniel Vázquez Rivera dani en ousli.org

 Certo, Xusto, deixárame levar por cuestión de gusto persoal ^_^ . Figura
 tamén booleano cunha entrada do 99 como neoloxismo no banco de datos da
 Universidade de Vigo ( http://sli.uvigo.es/NEO/neo_ic.php?pescuda_ic=2727). 
 Sería entón: booleano(s) e booleana(s).

 Saúde.

 - Mensaje original -
 De: Xusto Rodriguez Rio xusto.rodriguez en usc.es
 Para: Comunidade de tradución de software libre ao galego 
 g11n en mancomun.org
 Enviados: Martes, 23 de Junio 2009 13:24:07 GMT +01:00 Amsterdam / Berlín /
 Berna / Roma / Estocolmo / Viena
 Asunto: Re: [G11n] boolean, bool

 En xeral, no VOLG os termos cultos creados en época máis ou menos moderna
 que derivan de antropónimos aparecen coa terminación -ano
 kantiano
 shakesperiano (non me preguntedes por que non é shakespeariano, como
 sería
 de agardar)
 marxiano (tamén marxista)
 freudiano
 ...

 Tendo en conta ese padrón, parece mellor recomendar booleano.

 Xusto A. Rodríguez
 SNL da USC

 -Mensaje original-
 De: g11n-bounces en mancomun.org [mailto:g11n-bounces en mancomun.org] En 
 nombre
 de Daniel Vázquez Rivera
 Enviado el: martes, 23 de xuño de 2009 12:56
 Para: Comunidade de tradución de software libre ao galego
 Asunto: Re: [G11n] boolean, bool

 Tendo en conta a súa orixe non latina e que non é esdrúxula, coido que é
 máis axeitado booleán que booleano, pero é unha opinión, claro xD

 Segundo o que finalmente se escolla, fórmase o plural:
 booleán - booleáns // No feminino novamente habería que escoller entre
 booleá e booleana. Tendo presente que booleán tamen pode formar feminino
 como booleana.
 booleano - booleanos

 - Mensaje original -
 De: Xusto Rodriguez Rio xusto.rodriguez en usc.es
 Para: Comunidade de tradución de software libre ao galego
 g11n en mancomun.org
 Enviados: Martes, 23 de Junio 2009 12:48:46 GMT +01:00 Amsterdam / Berlín /
 Berna / Roma / Estocolmo / Viena
 Asunto: Re: [G11n] boolean, bool





 Na miña opinión débense manter a secuencia ?oo-, xa que esas denominacións
 proveñen do antropónimo Boole ( http://gl.wikipedia.org/wiki/George_Boole).




 E, polo xeral, cando iso ocorre (trotskismo, kantismo, leishmaniose,
 erlenmeyer...) mantéñense os grafemas que explicitan a relación co nome
 propio que está detrás da denominación.



 En canto á forma de construír o plural, eu optaría por ?booleano ?
 booleana?.




 Xusto A. Rodríguez

 SNL da USC




 De: g11n-bounces en mancomun.org [mailto:g11n-bounces en mancomun.org] En 
 nombre
 de Miguel Bouzada
 Enviado el: martes, 23 de xuño de 2009 12:18
 Para: Trasno - Lista; Lista para establecer contacto e participar na
 comunidade de tradución de software libre ao galego.
 Asunto: [G11n] boolean, bool



 É correcto en galego empregar o dobre o en retículas booleanas,
 números
 booleanos ou debe ser cunha soa o?

 E o plural booleano/as ou bo(o)leans?

 --
 Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
 .ppt, .pptx

 Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
 (ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

 Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
 galpon_minino en conf.jabberes.org
 ___
 G11n mailing list
 G11n en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
 ___
 G11n mailing list
 G11n en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

 ___
 G11n mailing list
 G11n en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
 ___
 G11n mailing list
 G11n en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

 próxima parte 
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090624/68aacba3/attachment-0001.htm
 


[G11n] Novo Estraviz en liña

2009-06-24 Conversa Alejo Pacín Jul
Boas. Acaba de chegarme isto ó meu lector de novas.

http://pglingua.org/index.php?option=com_contentview=articleid=965:novo-e-estraviz-em-linhacatid=1:internetItemid=52
 próxima parte 
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090624/67145e4d/attachment.htm
 


[G11n] Novo Estraviz en liña

2009-06-24 Conversa marce
O Mércores, 24 de Xuño de 2009 21:01:06 Miguel Branco escribiu:
 felicidades ós reintegracionistas/lusistas ou como sexa :)

Atallo web para o Konqueror:

http://www.estraviz.org/\{@}

exemplo
http://www.estraviz.org/joaninha

(para procuras coa norma oficial, habería que facer probas)