[G11n] Pola democracia no sotware. Pola democracia no idioma

2009-07-14 Conversa Minhoca
É tempo de participar facendo ruido para evitar o peche de mancomun. Se 
queres colaborar, a maiores de enviar o prego que propoñemos (cada quen 
o pode modificar ao seu gusto), fai circular esto pola rede para sumar o 
máximo de correos e ruido.

http://www.ciberirmandade.org/sitio2009/index.php?option=com_contentview=articleid=916catid=109Itemid=129

Todos os gobernos fan unhas cousas mellor e outras peor. O bipartito 
tivo os seus fallos mais unha das cousas boas que fixeron foi a de 
lanzar o centro de software libre Mancomún. Durante os últimos anos 
Mancomún mantivo actualizados en galego os programas informáticos máis 
usados como o navegador (Firefox) ou a ofirmática (OpenOffice). O 
Galinux, un sistema operativo para poder ter a computadora completamente 
en galego tamén foi unha iniciativa de Mancomún.

Durante a campaña eleitoral o Partido Popular prometeu implantar o 
software libre, pero agora que están na Xunta ameazan con desmantelar 
Mancomún, e nós queremos evitalo. Se tí tamén queres que Mancomún 
continúe funcionando, axúdanos sumándote a esta campaña: clica nesta 
ligazón para enviarlles agora un correo electrónico.

http://www.ciberirmandade.org

-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..

[G11n] Medidas de política tecnolóxica

2009-07-14 Conversa damufo
Idem

Miguel Branco escribiu:
 eu xa enviei tm
 
 saúdos!
 ___
 G11n mailing list
 G11n en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
 
[G11n] Pola democracia no sotware. Pola democracia no idioma

2009-07-14 Conversa damufo
Boas:
Quixen chuzar pero di que a historia está penalizada polo votos anónimos.

Minhoca escribiu:
 En chuza:
 http://chuza.org/historia/a-ciberirmandade-da-fala-cria-campanha-para-o-apoio-ao-software-livre/
 
 Minhoca escribiu:
 É tempo de participar facendo ruido para evitar o peche de mancomun. Se 
 queres colaborar, a maiores de enviar o prego que propoñemos (cada quen 
 o pode modificar ao seu gusto), fai circular esto pola rede para sumar o 
 máximo de correos e ruido.

[G11n] Pola democracia no sotware. Pola democracia no idioma

2009-07-14 Conversa Minhoca
damufo escribiu:
 Boas:
 Quixen chuzar pero di que a historia está penalizada polo votos anónimos.
 
Vexo que leva 39 votos, dos que 14 son anónimos (e 25 de usuarios 
rexistrados). É unha proporción moi alta de anónimos, polo que o sistema 
de chuza non permitirá mais anónimos mentres non aumente o de usuarios 
rexistrados.

 Minhoca escribiu:
 En chuza:
 http://chuza.org/historia/a-ciberirmandade-da-fala-cria-campanha-para-o-apoio-ao-software-livre/

 Minhoca escribiu:
 É tempo de participar facendo ruido para evitar o peche de mancomun. Se 
 queres colaborar, a maiores de enviar o prego que propoñemos (cada quen 
 o pode modificar ao seu gusto), fai circular esto pola rede para sumar o 
 máximo de correos e ruido.

 ___
 G11n mailing list
 G11n en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
 
-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..

[G11n] [Galician] axuda: novas cadeas a traducir thunderbird/seamonkey e tradución de match

2009-07-14 Conversa Antón Méixome

A miña proposta sobre este termo é empregar coincidir.

matches  coincide (como verbo)

Respecto da cadea

Missing Custom Term...

Teño a sospeita de que non se trata de termo=palabra senón como 
regra, condición polo que se di no fío que comenta Javi.

They occur in the filter editor dialog, or in the similar search dialogs.

Missing Custom Term would occur in the Filter Editor dialog (or 
Search) in the attribute menu popup, which has others attributes such as

Subject and From

matches or doesn't match would occur in the Filter Editor dialog (or 
Search) in the operator menu popup, which has other operators such as

contains and begins with.

Creo que optaría por traducir como Falta a condición personalizada /  
Non se atopa o termo obxectivo.

==

Xa máis en xeral, é certo que match ten moitas traducións posíbeis 
precisamente porque en principio non é unha palabra técnica, senón que 
colle diferentes valores segundo o contexto:

Non vou entrar a valorar os casos en que match = partido, misto, etc... 
como tamén comenta Leandro.

O que nos interesa é o valor matemático cando match significa igual a 
porque creo que de aí é de onde deriva os seu uso nos buscadores onde 
indica o cumprimento de determinada condición, que encaixa.

Neste ámbito matemático  xa hai que ter  entón coidado con usar calquera 
palabra  como equivalente de  match; por exemplo usar resultado pode 
ser confuso (xa que este o relaciona a xente con operacións aritméticas, 
non lóxicas); sería un caso debe primar a accesibilidade do que se di e 
onde non convén utilizar unha palabra que só sería correcta nunha 
acepción que só coñecen os especialistas.

Desde o punto de vista da lingüística, para evitar os valores difusos 
adoita empregarse ocorrencia. É especialmente conflitivo o caso de 
concordancia xa que esta última se emprega en sentido técnico para as 
cadeas en correspondencia dentro dos corpus bilingües - como o de 
Mancomun- . O uso de aparición tampouco é moi axeitado pola connotación 
que ten de azar.

En todo caso, non hai unha resposta clara e tallante pero se podemos ir 
estabelecendo como norma de uso coincidir e coincidencia pois mellor 
porque non colisiona con ningún valor técnico e mantén o sentido 
transparente e accesíbel para o usuario...

Leandro Regueiro escribiu:
 2009/7/10 Frco. Javier Rial fjrial en mancomun.org:
   
 Novas cadeas a traducir no Thunderbird e Seamonkey:
 MissingCustomTerm=Missing Custom Term
 19=matches
 20=doesn't match

 No correo que enviei antes:
 http://listas.mancomun.org/pipermail/mozilla/2009-July/79.html
 na ligazón
 http://groups.google.com/group/mozilla.dev.l10n/browse_thread/thread/d018c2dd9b0a2332
 aparece explicado o contexto no que aparecen estas novas cadeas.

 Realmente, non sei exactamente a que se refire a cadea Missing Custom
 Term..
 xa que ben podería ser Falta o termo personalizado ou algo como Sen o
 termo
 personalizado..

 Para facerse unha idea mellor de onde aparecen estas cadeas, podémonos
 baixar
 á última versión do tb3 das compilacións nightlies de mozilla
 ftp://ftp.mozilla.org/pub/mozilla.org/thunderbird/nightly/latest-comm-1.9.1-l10n/thunderbird-3.0b3pre.gl.linux-i686.tar.bz2
 
 Realmente estou coma ti: nin idea do tema.

 Despois sobre a tradución de match:
 Atópome cunha inconsistencia na tradución dos produtos Mozilla, xa que na
 tradución de Thunderbird se traduce por coincidencia e na tradución do
 Seamonkey pon resultado, cando ambolos dous se refiren aos
 resultados/coincidencias cando buscas correo

 Busca de matches no corpus de mancomún

 Solucións??
 
 match pódese traducir de moitos xeitos diferentes:

 coincidencia
 correspondencia
 concordancia
 ocorrencia
 equivalencia
 aparición

 e ti engades resultado. Ademais no contexto dos xogos temos
 partida. Pode que remexendo no open-Tran aparezan máis. Quizais
 Antón poida aclarar algo sobre o tema.

 Ata logo,
   Leandro Regueiro
 ___
 G11n mailing list
 G11n en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 meixome @ mancomun.org

 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : meixome.vcf
Tipo   : text/x-vcard
Tamaño : 841 bytes
Descrición: non dispoñible
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090714/f4fc34b3/attachment.vcf
 
[G11n] Resposta da sociedade ao posibel peche de mancomun

2009-07-14 Conversa Minhoca
Mais ruido:

Codigocero:
Ineo proponlle á Xunta a súa colaboración en materia das TIC
http://codigocero.com/Ineo-proponlle-a-Xunta-a-sua

A nosa terra:
O BNG denuncia a ausencia de apoio ao software libre por parte da Xunta
http://www.anosaterra.org/nova/o-bng-denuncia-a-ausencia-de-apoio-ao-software-libre-por-parte-da-xunta.html

Veña, a seguir fodendo ao maquinista, que se vai incomodo pode parar o tren.

-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..

[G11n] Carta en apoio a Mancomun e proxectos de software libre

2009-07-14 Conversa Medulio (XACB)
Fran Dieguez escribiu na data 14/07/09 13:20:

 O principal impedimento que presenta o envio masivo de correos
 electrónicos son os filtros anti-spam/correos repetitivos, e a sinxeleza
 da súa eliminación.

Evidentemente. É moi doado bloquear a orixe das mensaxes, pero... se fan 
iso, quer dicir que xa tomaron conciencia do problema, que é o obxectivo 
perseguido.

Xa sabemos que non van ler correo por correo pero si decatarse de que 
hai xente movéndose.

 Por este motivo dende o Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza (GLUG)
 imos enviar esta mesma semana unha carta analóxica certificada que
 estamos ultimando a súa redacción.

As cartas analóxicas tamén son moi doadas de eliminar. Abonda con 
arquivalas na lixeira ;-)

Fóra diso, canta máis variedade haxa nos protestos moitísimo millor: 
correos-e, telegramas, burofaxes, cartas en papel, mensaxe de móbil, 
etc. etc. Polo que todo o que sexa sumar paréceme moi boa iniciativa.

Unha aperta.
-- 
+---+
| José Antonio Cidre Bardelás   
| Vigo  
| CiberIrmandade da Fala
| http://www.ciberirmandade.org 
+---+

: Fai tamén unha visita a:  
: http://www.arquitecturagalega.net 
: http://www.cidrebardelas.com (Sitio web profesional arquitecto)
: http://www.jrsoftware.org/files/istrans/ (O inno-setup en galego) 
: http://www.poptray.org (O PopTray en galego)  
:...

[G11n] Medidas de política tecnolóxica

2009-07-14 Conversa Medulio (XACB)
Leandro Regueiro escribiu na data 14/07/09 13:20:

 Hai un dito (ou polo menos unha frase que alguén me dixo fai tempo) que
 sempre me gustou: Unha mosca non para un tren, pero fode ao maquinista.
 
 Moi boa, anotareina.

E se é unha avespa non che digo... ;-)

Unha aperta.
-- 
+---+
| José Antonio Cidre Bardelás   
| Vigo  
| CiberIrmandade da Fala
| http://www.ciberirmandade.org 
+---+

: Fai tamén unha visita a:  
: http://www.arquitecturagalega.net 
: http://www.cidrebardelas.com (Sitio web profesional arquitecto)
: http://www.jrsoftware.org/files/istrans/ (O inno-setup en galego) 
: http://www.poptray.org (O PopTray en galego)  
:...

[G11n] Carta en apoio a Mancomun e proxectos de software libre

2009-07-14 Conversa suso
Só darvos conta de que a movilización está dando resultado, sen podervos
concretar máis datos polo momento pois compre discreción.

Unha idea por se sirve de algo: sería óptimo dárdelles difusión á campaña
(informar que existe) a traverso das vosas respectivas webs/ blogs e demais
se non o fixestes xa: é un xeito sinxelo pero efectivo de que a xente próxima
se informe, xa que ás veces resulta difícil discernir o ruido da información.

Parabéns e ánimos a todos/as

Francisco Dieguez escrebeu:
 Ola Medulio,
 
 en ningún momento estamos a desacreditar o  voso traballo, todo o contrario.
 
 Ao que nos referimos é a sinxeleza coa que resulta enviar un correo
 electrónico,
 e que a outra parte o elimine sen ter ningunha forma de demostralo.
 Co envio de cartas CERTIFICADAS si tes esa constancia legal e práctica do
 envío.
 
 Como ven dixeches a diversidade dos métodos de patalexo fan que o barco
 avance.
 
 Saúdos
 
 Medulio (XACB) escribió:
  Fran Dieguez escribiu na data 14/07/09 13:20:
 
  O principal impedimento que presenta o envio masivo de correos
  electrónicos son os filtros anti-spam/correos repetitivos, e a sinxeleza
  da súa eliminación.
  
  Evidentemente. É moi doado bloquear a orixe das mensaxes, pero... se fan 
  iso, quer dicir que xa tomaron conciencia do problema, que é o obxectivo 
  perseguido.
 
  Xa sabemos que non van ler correo por correo pero si decatarse de que 
  hai xente movéndose.
 
  Por este motivo dende o Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza (GLUG)
  imos enviar esta mesma semana unha carta analóxica certificada que
  estamos ultimando a súa redacción.
  
  As cartas analóxicas tamén son moi doadas de eliminar. Abonda con 
  arquivalas na lixeira ;-)
 
  Fóra diso, canta máis variedade haxa nos protestos moitísimo millor: 
  correos-e, telegramas, burofaxes, cartas en papel, mensaxe de móbil, 
  etc. etc. Polo que todo o que sexa sumar paréceme moi boa iniciativa.
 
  Unha aperta.

 ___
 G11n mailing list
 G11n en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato  Coordenador
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113   suso.baleato @ mancomun.org

[G11n] Carta en apoio a Mancomun e proxectos de software libre

2009-07-14 Conversa Medulio (XACB)
Francisco Dieguez escribiu na data 14/07/09 17:15:

 en ningún momento estamos a desacreditar o  voso traballo, todo o contrario.

Para nada o considerei así, desculpas se non me expliquei ben. Só quixen 
facer un comentario ao respecto, mais sempre dende o punto de vista de 
aprobar o movemento colectivo, por iso tamén considero moi positiva a 
vosa iniciativa.

 Ao que nos referimos é a sinxeleza coa que resulta enviar un correo
 electrónico,
 e que a outra parte o elimine sen ter ningunha forma de demostralo.
 Co envio de cartas CERTIFICADAS si tes esa constancia legal e práctica do
 envío.
 
 Como ven dixeches a diversidade dos métodos de patalexo fan que o barco
 avance.

Concordo completamente contigo, sempre que o movemento vaia na mesma 
dirección, e así está sendo. Parabéns.